FARIÑA

FARIÑA

Autor: CARRETERO, NACHO

Sección: C. SOCIALES - Sociología

FARIÑA

FARIÑA

21,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
22/06/2018
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora semelle un pesadelo afastado, na década de 1990 o oitenta por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas. Ademais da súa privilexiada posición xeográfica, Galicia dispuña de todos os ingredientes necesarios para se converter nunha «nova Sicilia»: atraso económico, unha centenaria tradición de contrabando e un clima …

Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora semelle un pesadelo afastado, na década de 1990 o oitenta por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas. Ademais da súa privilexiada posición xeográfica, Galicia dispuña de todos os ingredientes necesarios para se converter nunha «nova Sicilia»: atraso económico, unha centenaria tradición de contrabando e un clima de admiración e tolerancia cara a unha cultura delituosa herdada da época dos «inofensivos» e «benefactores» capos do tabaco. Os clans, poderosos e herméticos, medraron na impunidade afianzada grazas ao desleixo (e mesmo complicidade) da clase política e das forzas de seguridade. A través de testemuños directos de capos, pilotos de planadoras, arrepentidos, xuíces, policías, xornalistas e nais de toxicómanos, Nacho Carretero retrata con detalle unha paisaxe criminal con frecuencia infravalorada. No imaxinario popular, ese costumismo «kitsch» de capos con zocos e reloxos de ouro ensombreceu o potencial destrutivo dun fenómeno que arrasou o tecido social, económico e político de Galicia. «Fariña» inclúe, ademais, un repaso inédito polos clans que seguen operando hoxe en día. Porque en contra da crenza mediática e popular, o narcotráfico segue vivo en Galicia. E non se debe esquecer o que aínda non rematou.
Leer más

Más libros de CARRETERO, NACHO

Más información del libro

FARIÑA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-330-7
EAN:
9788491213307
Nº páginas:
328
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo
Lengua:
GALLEGO
Alto:
215 mm
Ancho:
150 mm
Sección:
C. SOCIALES
Sub-Sección:
Sociología
Nacho Carretero (A Coruña, 1981) é reporteiro en «El País». Traballou antes en «El Español» e, durante varios anos, como xornalista «freelance», colaborando con distintos medios españois e latinoamericanos. Durante este tempo levou a cabo reportaxes de índole social, que puñan o foco en escenarios de crise humanitaria e conflito. Así, publicou crónicas sobre a escravitude en Libia, a guerra de Boko Haram en Nixeria, a epidemia de ébola en Sierra Leona ou a crise de refuxiados en Líbano e Xordania. Nesa época tamén levou a cabo a investigación sobre o narcotráfico galego e as súas consecuencias e curiosidades. A súa andaina como xornalista arrincou en Radio Coruña Cadena SER e despois pasou por diferentes medios como RNE, «Diario Marca» ou o xornal «Qué!» «Fariña» é o seu primeiro libro e converterase en serie de televisión.

Otros libros en C. SOCIALES

También te pueden interesar