PAPIROFLEXIA .INICIACION

Autor: VICENTE PALACIOS

Sección: TIEMPO LIBRE - Manualidades

PAPIROFLEXIA .INICIACION

PAPIROFLEXIA .INICIACION

13,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/01/2009
Colección:
XOGOS
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura ?preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada. Non podemos crear ?evidentemente- do nada, pero si de case nada.Partimos da forma plana, por ser a máis parecida ao nada no …

A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura ?preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada. Non podemos crear ?evidentemente- do nada, pero si de case nada. Partimos da forma plana, por ser a máis parecida ao nada no mundo das formas; do papel, por ser algo accesible a todas e todos e de escaso valor; da súa forma cadrada preferentemente, por ser a máis simple. Servímonos só das mans para evitar o uso de instrumentos, agás en casos moi especiais. Consideramos o uso das mans como o recurso mínimo necesario. Partindo dun mínimo de recursos, tratamos de inventar as formas máis ambiciosas: figuras con movemento, con gran realismo, con incrible complicación e perfección etc. Ao estar feitas preferentemente mediante pregaduras fixas, podemos reter os seus procesos na memoria; ou tomalos como referencias para superalos ou perfeccionalos. Desta forma podemos dicir que a arte ?avanza? obxectivamente. O proceso de pregadura de cada figura móstrase mediante unha sucesión de debuxos paso a paso, os símbolos admitidos internacionalmente en papiroflexia e un texto, claro e concreto, acompañando os debuxos en cada paso. Esta exposición gráfica constitúe un idioma internacional que todas e todos podemos entender facilmente. A papiroflexia ofrece a posibilidade de gozar da imaxinación creadora, e tamén a de reproducir e contemplar figuras que foron inventadas por outras persoas. E isto no medio de moi variados lugares ou circunstancias: no tren, na montaña, nunha sobremesa etc. Permite así mesmo a posibilidade de regalar obxectos normalmente de pouco custo, a quen poden aprecialos como obras do enxeño e da habilidade. En Oriente, xa desde antigo, fascinaba a contemplación dunha folla de papel coa súa perfección; e aplicaban a imaxinación e a habilidade para engadirlle novo encanto. Na actualidade, chegamos practicamente a unha arte co
Leer más

Más información del libro

PAPIROFLEXIA .INICIACION

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-92630-08-0
EAN:
9788492630080
Nº páginas:
59
Colección:
XOGOS
Lengua:
GALLEGO
Alto:
0 mm
Ancho:
0 mm
Sección:
TIEMPO LIBRE
Sub-Sección:
Manualidades

Otros libros en TIEMPO LIBRE

También te pueden interesar