FAHRENHEIT 451

Autor: BRADBURY, RAY (AUTOR/A)

Sección: FANTÁSTICA (LITERATURA) - Ciencia Ficción

FAHRENHEIT 451

FAHRENHEIT 451

13,80€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
05/05/2005
Colección:
INFANTIL E XUVENIL. FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Fahrenheit 451: a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Guy Montag é bombeiro. O seu traballo consiste en queimar libros, que están prohibidos e son fonte de discordia e infelicidade. Aínda así, Montag séntese desgraciado: o seu matrimonio está en crise. ¿Acaso hai libros agochados na súa casa? O Sabuxo Mecánico do Departamento do Lume, armado cunha …

Fahrenheit 451: a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Guy Montag é bombeiro. O seu traballo consiste en queimar libros, que están prohibidos e son fonte de discordia e infelicidade. Aínda así, Montag séntese desgraciado: o seu matrimonio está en crise. ¿Acaso hai libros agochados na súa casa? O Sabuxo Mecánico do Departamento do Lume, armado cunha agulla hipodérmica letal e escoltado por helicópteros, persegue aos disidentes que se atreven a ler. " Fahrenheit 451 " de Ray Bradbury é unha novela situada nun futuro onde a xente xa non se interesa pola literatura. Constitúe xunto a " 1984 " de George Orwel e " Un feliz mundo novo " (Xerais, 1999) de Aldous Huxley, unha descrición profética da submisión de Occidente aos medios, ás drogas e ao conformismo. A novela de Bradbury resulta asombrosamente visionaria: televisións de tamaño de paredes que mostran telenovelas interactivas; carteis publicitarios de sesenta metros de longo nas estradas; altofalantes en miniatura que a xente leva nos oídos para escoitar música e as noticias; a indiferenza das persoas con respecto a todo. A prosa poética e poderosa de Bradbury fusiónase cunha percepción extraordinaria sobre o potencial da tecnoloxía para crear unha novela que, cincuenta anos despois da súa aparición, aínda ten capacidade de asombrar e impactar. Un clásico da literatura do século XX en galego, unha antiutopía na que os libros están prohibidos e un grupo secreto de libros viventes esfórzanse en transmitir de boca en boca a antiga cultura.
Leer más

Más información del libro

FAHRENHEIT 451

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9782-310-4
EAN:
9788497823104
Nº páginas:
208
Colección:
INFANTIL E XUVENIL. FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
FANTÁSTICA (LITERATURA)
Sub-Sección:
Ciencia Ficción
Ray Bradbury (Waukegan, Illinois, 1920) é novelista, poeta, escritor de contos curtos, ensaios, obras de teatro e guións para o cine e a televisión. Está considerado como un dos máis importantes escritores de cencia ficción do século XX. En 1989 foi nomeado Gran mestre da SFWA (Asociación de autores de ciencia ficción norteamericanos) e en 1999 recibiu o premio SF Hall of Fame por toda a súa carreira. Entre a súa extensa obra narrativa, formada por máis dunha trintena de obras, podemos citar os libros de relatos ?O home ilustrado? (1950) e os dous libros traducidos ao galego por María Magdalena Fernández Pérez, ?Crónicas marcianas? (1950, Xerais 2004) e ?Fahrenheit 451? (1950, Xerais en 2005), antiutopía na que os libros están prohibidos e un grupo secreto de libros vivintes esfórzanse en transmitir de boca en boca a antiga cultura.

Otros libros en FANTÁSTICA (LITERATURA)

También te pueden interesar