Do estigma á estima

PROPOSTAS PARA UN NOVO DISCURSO LINGÜÍSTICO

Autor: FORMOSO GOSENDE, VALENTINA

Sección: FILOLOGÍA - Lengua

Do estigma á estima

Do estigma á estima

21,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
11/04/2013
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Lingua
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Valentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes, afirmacións moi negativas arredor da lingua propia. E ademais de responder a esta cuestión, ofrece tamén alternativas …

Valentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes, afirmacións moi negativas arredor da lingua propia. E ademais de responder a esta cuestión, ofrece tamén alternativas co obxectivo de mudar a situación e de que se free a tendencia desgaleguizadora de hai décadas. Esta obra baséase en grupos de discusión con mozos e mozas de educación secundaria de distintos contextos galegofalantes que, debido ás actitudes que posúen cara ao seu propio idioma e ás normas de uso social que teñen interiorizadas, mudan do galego ao castelán en determinadas situacións e mesmo abandonan a súa lingua definitivamente. Cun estilo áxil e manexando argumentos rigorosos, a autora considera que cómpre mudar o imaxinario social do galego para que as persoas galegofalantes decidan conservar a lingua propia. Neste sentido, propón reformular as perspectivas de actuación no ensino, así como certos enfoques na planificación, promoción e normalización do galego, e recolle varias propostas sobre novos discursos e estratexias.
Leer más

Más información del libro

Do estigma á estima

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-453-5
EAN:
9788499144535
Nº páginas:
320
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Lingua
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Lengua
Valentina Formoso Gosende (Ribademar-Outes, 1970), licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e hispánica, doutorouse coa tese A lingua galega no ámbito empresarial: usos e representacións sociolingüísticas. Profesora na actualidade de lingua galega, literatura galega e portugués no ensino secundario, a súa traxectoria profesional estivo sempre ligada ao ámbito da normalización lingüística: creación e dirección do departamento de normalización lingüística na Confederación de Empresarios de Galicia, participación e dirección de Equipos de normalización lingüística de centros de ensino, e coordinación da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL). Conta con publicacións, fundamentalmente centradas neste campo, en revistas especializadas (Ela, revue de sociolingüistique, Lengas, entre outras) e en obras colectivas. Tamén leva investigado e publicado artigos sobre fonética e terminoloxía científico-técnica, traballos que aparecen recollidos en obras como Manual de galego comercial, Dicionario de termos económicos e empresariais e Vocabulario do sector téxtil. Ademais, impartiu conferencias e actividades formativas sobre sociolingüística, desenvolveu proxectos europeos e coordinou proxectos premiados en innovación educativa.

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar