Como facer cousas con palabras

Autor: JOHN L. AUSTIN

Sección: FILOLOGÍA - Lengua

Como facer cousas con palabras

Como facer cousas con palabras

10,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/04/2025
Colección:
CURSOS E CONGRESOS
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Como facer cousas con palabras é a obra inaugural da teoría dos actos de fala. Editouse postumamente en 1962 a partir das notas empregadas para as William James Lectures de Harvard de 1955, á súa vez reelaboración dos apuntamentos do curso «Words and Deeds» que Austin viña impartindo en Oxford dende 1952. Polo tanto, tivo tempo dabondo para evitar o …

Como facer cousas con palabras é a obra inaugural da teoría dos actos de fala. Editouse postumamente en 1962 a partir das notas empregadas para as William James Lectures de Harvard de 1955, á súa vez reelaboración dos apuntamentos do curso «Words and Deeds» que Austin viña impartindo en Oxford dende 1952. Polo tanto, tivo tempo dabondo para evitar o que semella unha curiosa rectificación sobre a marcha. Tal e como se publicou, contén a sorpresa de que na conferencia VII (pasada a metade do libro), admite acharse nun impasse e propón comezar de cero, ante a inviabilidade de soster o contraste inicial entre dúas clases de enunciacións: as constatativas, avaliables coma verdadeiras ou falsas, e as performativas, avaliables coma éxitos ou fracasos. A distinción básica coa que quería explicar a relación entre a linguaxe e a acción revélase desaxeitada para a tarefa, e decide mudar de ferramentas conceptuais. O contraste constatativo-performativo xorde no artigo «Other Minds» (1946) e foille parecendo defectuoso paulatinamente. Pero dende logo nas conferencias non acontece que se decatara tarde de que as comezara mal e que tiña que principiar novamente. Como di Longworth (2011: 113), non é plausible que no decurso das conferencias «achase que non era quen de trazar unha distinción que pensou que podería trazar. Unha interpretación máis plausible é que o seu propósito non era trazar esa distinción». Podemos preguntar entón por que non nos aforra toda esa primeira parte, se logo resulta que considera errado o primeiro comezo. A resposta remite á súa forma de concibir a filosofía, que require un exame paciente dos problemas e acumular casos moi variados, antes de lanzarse a xeneralizar ou a propor teorías definitivas. Os comentarios metafilosóficos de Austin inciden sempre en que a simplificación é a doenza profesional da filosofía, en tanto que as cousas non adoitan ser simples. A complexidade da estrutura do texto reflicte así a de tratar de pensar a linguaxe como unha for
Leer más

Más libros de JOHN L. AUSTIN

Más información del libro

Como facer cousas con palabras

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-10142-42-8
EAN:
9788410142428
Nº páginas:
249
Colección:
CURSOS E CONGRESOS
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
2 mm
Ancho:
2 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Lengua

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar