AS COUSAS CLARAS

Autor: NEIRA CRUZ, XOSE A. (AUTOR/A)

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 6 años

AS COUSAS CLARAS

AS COUSAS CLARAS

12,30€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
17/10/2000
Colección:
INFANTIL E XUVENIL. FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacións. ¿Por qué Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento …

En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacións. ¿Por qué Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocresía só poden ser superadas con amor. ' ' As cousas claras ' ' de Xosé A. Neira Cruz mereceu o Premio Merlín de Literatura Infantil, fallado o pasado 24 de xuño de 2000 en Santiago de Compostela. O xurado de lectores apreciou nesta novela, de fasquía claramente xuvenil, unha grande axilidade no tratamento dun tema de actualidade, tanto no que atinxe á voz da narradora, en primeira persoa, como á construción duns diálogos cheos de frescura e orixinalidade. ' ' As cousas claras ' ' , ambientada nun instituto de ensino secundario, reconstrúe a indagación que fan un mozo e unha moza sobre o conflito no que se ve inmerso o seu profesor de literatura, sometido a unha inxusta campaña na súa contra polo tratamento que realiza da educación afectiva e sexual cos seus alumnos.
Leer más

Más libros de NEIRA CRUZ, XOSE A. (AUTOR/A)

Más información del libro

AS COUSAS CLARAS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-8302-562-8
EAN:
9788483025628
Nº páginas:
176
Colección:
INFANTIL E XUVENIL. FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
135 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 6 años
Xosé A. Neira Cruz (Santiago de Compostela, 1968), licenciado en Filoloxía italiana e doutor en Ciencias da Información (sección de xornalismo). Profesor da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago. Colaborador habitual da prensa, escribiu guións para diversas emisoras de radio e para a Televisión de Galicia. Foi redactor da revista Tempos e na actualidade dirixe a revista de literatura infantil e xuvenil Fadamorgana e a colección Ala Delta da editorial Edelvives. Publicou as seguintes obras: Ó outro lado do sumidoiro (Xerais 1989), Premio Merlín 1988; Melanio e os paxaros (1990); Os gatos de Venecia, (1993); O gato meu (1993); Vaiche boa (1994); As porcas porquiñas (1997); Valdemuller (1998), Premio Barco de Vapor 1998; As cousas claras (Xerais 2000), Premio Merlín 2000; A memoria das árbores (2000); A caixa do tesouro (2001); O home máis rico do mundo (2001); María está a pintar no mar (2001), Un agasallo inesperado, conto incluído en Contos para levar no peto (Xerais 2001) e Sopa de xarope de amora (Xerais, 2010), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2010. É tamén autor dos volumes da serie " Así viviu " : Así viviu Rosalía (Xerais 1996); Así viviu Castelao (Xerais 1996); Así viviu Paio Gómez Chariño (Xerais 1997); Así viviu Ánxel Fole (Xerais 1996).

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar