Rosalía de Castro: Imaxe e realidade

Rosalía de Castro: Imaxe e realidade

Autor: PEREIRA BUENO, FERNANDO

Sección: ARTE - Pintura

Rosalía de Castro: Imaxe e realidade

Rosalía de Castro: Imaxe e realidade

22,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
16/01/2014
Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental. Nel analízanse algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron os artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala plenamente. A través da lectura das representacións iconográficas rosalianas, móstranse …

Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental. Nel analízanse algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron os artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala plenamente. A través da lectura das representacións iconográficas rosalianas, móstranse as súas múltiples facetas (Rosalía a lapis e a óleo; Rosalía en cor ou en branco e negro; Rosalía como retrato realista ou caricatura; Rosalía como musa ou como símbolo...), procurando conxugar a calidade do retrato co seu carácter representativo e coa diversidade formal e tratando, ao mesmo tempo, de darlle unha verdadeira historicidade que vaia máis alá dos lugares comúns preponderantes nos últimos anos. Unha escolma de retratos coa finalidade de que o estudoso ou o interesado por esta cuestión dispoña dun repertorio útil e axeitado para examinar as diversas modalidades que os artistas tentearon ao longo dos anos. Todo o material icónico que xerou a poeta contribuíu e contribúe a que a súa figura sobreviva no tempo e alcance unha maior popularidade e visibilidade. E isto é importante, pero o máis interesante do «fenómeno Rosalía» é que esta imaxe parece ter hoxe unha vixencia inusual, chegando a converterse, sen dúbida, nunha peza fundamental do noso imaxinario colectivo, na maior icona visual de Galicia.
Leer más

Más libros de PEREIRA BUENO, FERNANDO

  • A viaxe de meu pai

    ÚLTIMOS EJEMPLARES

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    A viaxe de meu pai

    22,95€ IVA INCLUIDO

Más información del libro

Rosalía de Castro: Imaxe e realidade

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9914-565-5
EAN:
9788499145655
Nº páginas:
208
Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
Lengua:
GALLEGO
Alto:
24 mm
Ancho:
17 mm
Sección:
ARTE
Sub-Sección:
Pintura
Fernando Pereira Bueno (Santiago de Compostela, 1957), licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia da Arte, é profesor de Ciencias Sociais no IES Carlos Casares de Vigo. Publicou varios traballos relacionados coa historia das ensinanzas e institucións artísticas na nosa comunidade e sobre a presenza das mulleres pintoras na arte galega.

Otros libros en ARTE

También te pueden interesar