De illas e sereas. Para unha historia do cinema galego

Sección: CINE - CINE GRAL

De illas e sereas. Para unha historia do cinema galego

De illas e sereas. Para unha historia do cinema galego

11,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
ISTORIA
Publicación:
01/04/2021
Colección:
Pantallas
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

""Para unha historia do cinema en lingua galega, 1, 2 e 3"" é a proba fáctica do noso ""desexo de comunidade"" tal e coma Jacques Rancière observa determinados acontecementos contemporáneas que queren ocupar a esfera pública, evitar o seu aniquilamento. E a creación, en calquera soporte, linguaxe ou formulación, é un deses acontecementos. Mais tamén constata a existencia da devandita …

""Para unha historia do cinema en lingua galega, 1, 2 e 3"" é a proba fáctica do noso ""desexo de comunidade"" tal e coma Jacques Rancière observa determinados acontecementos contemporáneas que queren ocupar a esfera pública, evitar o seu aniquilamento. E a creación, en calquera soporte, linguaxe ou formulación, é un deses acontecementos. Mais tamén constata a existencia da devandita comunidade electiva, na feliz distinción de Maurice Glanchot, que nos leva a considerar o cinema en lingua galega como un deses momentos estelares da cultura de noso en que o fai propio para partillar coa humanidade unhas obras nas que o real, o maxinario e o modo de contalo nos configuran. A serea é esa imaxe que guía a sorte do vaixel no mascarón de proa é a cariátide voandeira que exhibe os seos na capela do Salvador da catedral de Santiago é a esfinxe de cabelos alados que Castelao soñou como escudo de Galiza canda o lema denantes mortos que escravos, é a seresa que se fundiu cun lobo da illa Lobeira e dela emerxeron as rendas de Camariñas, a que se uniu ao cabaleiro de Roncesvalles e deu orixe á saga dos Mariño, navegantes até mais aló de Chile, a que chega de lonxe mais nunca é estranxeira. Desexo de seras e, xa que logo, esa seiva no noso imaxinario que nos fai ir alén e mar o cinema en lingua galega. Aínda que no luscofusco a figura deveña ambigua, por veces ríspeta e ameazadora, nós imos termar sempre desa lanchiña de papel onde os filmes poidan, contra vento e marea, navegar de illa en illa. Unha presada de investigadoras e investigadores de diferentes xeracións e con miradas distintas, do Grupo de Estudos Audiovisuais e tamén de fóra, tecemos este relato ao redor dun mundo que se chama cinema á marxe de servidumes académicas e dende a crítica aos modos obsoletos de pensar nas películas.
Leer más

Más información del libro

De illas e sereas. Para unha historia do cinema galego

Editorial:
ISTORIA
Fecha Publicación:
Formato:
Libro Otros
ISBN:
978-84-9151-603-3
EAN:
9788491516033
Nº páginas:
0
Colección:
Pantallas
Lengua:
GALLEGO
Alto:
0 mm
Ancho:
0 mm
Sección:
CINE
Sub-Sección:
CINE GRAL

Otros libros en CINE

También te pueden interesar