ÁLVAREZ GARCÍA, LOURDES
É unha das voces fundamentais da promoción coñecida como o Surdimentu, que protagoniza desde a década de 1990 a recuperación e renovación das letras en asturiano. Licenciada en Filoloxía Hispánica e colaboradora desde moi nova en revistas da súa terra, figura nas principais antoloxías poéticas aparecidas ao longo dos últimos anos, e é tamén membro da Academia de la Llingua Asturiana. A súa obra, iniciada en 1991, con Aldaba del olvidu, inclúe os libros Cálices de la nueche (1992) Mares dañil (1992), Poesía escoyida. 1985-1997 (1997), Como aquella que yeres (1994), Son del tardíu (2006), Mediando distancies (2006), Panular los adioses (2018, Premio da Crítica da Asociación de Escritores de Asturias), Coles señes del agua (2023) e Lo verdadero (2025).