COCHO, ANA

Ana Cocho (Santiago, 1977) é arquitecta e enxeñeira en IA. O seu interese polo patrimonio gráfico comezou coa súa publicación Rotulados (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2006) e os seus estudos de doutoramento en técnicas avanzadas de representación arquitectónica. Bolseira da Fundación Pedro Barrié de la Maza e da Fundación Santander Universia esta fortemente ligada á investigación en deseño arquitectónico, tecnoloxía e técnicas dixitais. Despois do seu paso pola Architectural Association of London e a Bartlett School (University College of London) estableceu a súa practica de arquitectura en Barcelona. Activa investigadora e docente universitaria desempeña o seu labor na Anglia Ruskin University (Reino Unido), UIC Barcelona School of Architecture e o Instituto de Arquitectura Avanzada de Catalunya (IAAC). Na actualidade reside en Londres e dedícase por completo á investigación en novas metodoloxías de deseño arquitectónico e urbano con base en procesos Intelixencia Artificial.


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: