CURROS ENRIQUEZ, MANUEL (AUTOR/A)

Manuel Curros Enríquez (Celanova, 1851-Cuba 1908) instalouse en Madrid a fins de 1866, onde se fixo bacharel e comezou a carreira de Dereito, ao tempo que se implicaba na vida política e colaboraba na prensa. Nesta época acuñou a súa ideoloxía republicana e progresista que caracterizou toda a súa obra poética e xornalística. A súa relación neste período coa lingua e a cultura galega era simplemente afectiva, de feito compuxo " A Virxe d'o Cristal " , " O gueiteiro " e " Unha boda en Einibó " para as presentar a un concurso por petición da nai. O concurso fallouse en 1877, ano en que Curros se instalaba en Ourense como funcionario na Delegación de Facenda. Nesta etapa ourensá, poderá aplicar á realidade galega a súa ideoloxía progresista, e este confronto aproximará Curros aos rexionalistas. Aquí compuxo o seu poemario Aires d'a miña terra (1880, Xerais 1990) que alcanzou inmediatamente un enorme éxito, acrecentado pola denuncia do bispo de Ourense, que solicitaba que fose confiscado e que o incluía no índice de libros prohibidos. Curros foi xulgado e absolto. A obra sería reeditada en 1881 e en 1886 con novas contribucións poéticas. Cesado no seu posto de Facenda en 1883, Curros volveu instalarse en Madrid. Alí traballou como xornalista, primeiro en El Porvenir e despois en El País, ao tempo que preparaba O divino sainete (1988, Xerais 1990). A crítica española recibiu este novo libro con eloxios, mais os amigos rexionalistas de Galiza cubriron a publicación cun veo de silencio. A pesar diso, Curros era un poeta recoñecido e foi coroado en Madrid, en 1893. En 1894 Curros emigrou a Cuba. Alí dirixiu La Tierra Gallega e, cando esta publicación desapareceu, entrou na redacción de El Diario de las Familias , e despois no Diario de la Marina. A súa estancia cubana coincidiu co momento máis activo do movemento independentista, o que o levou a reflectir sobre o imperialismo; de feito, en Cuba espallou os ideais de rexeneración para Galiza e todas as iniciativas cultur


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: