DORFMAN, JOAQUIN (AUTOR/A)""
Ariel Dorfman (Bos Aires, 1942), de nacionalidade chilena e actualmente residente nos Estados Unidos, é autor dunha extensa obra literaria traducida a trinta idiomas. Cultiva o ensaio, a poesía, o teatro e a novela. A peza teatral ""A morte e a doncela"" (1995) constitúe a súa obra máis universalmente coñecida, sendo adaptada ao cine por Roman Polanski. ""Konfidenz"" (1996), ""Rumbo al Sur, deseando el Norte"" (1998), ""La Nana y el iceberg"" (2000), ""Terapia"" (2001), ""Acércate más y más: cuentos casi completos"" (2002) e ""Patos, elefantes y héroes: la infancia como subdesarrollo"" (2002) son as súas últimas obras publicadas en España. En galego ten publicado: ""A rebelión dos coellos máxicos"" (Xerais 2001), novela infantil e ""A cidade en chamas"" (Xerais 2005), novela xuvenil escrita en colaboración co seu fillo Joaquín Dorfman (1947), coñecido autor teatral en lingua inglesa.