Dupin, Amantine Aurore

Amantine Aurore Dupin (París, 1804-Nohant, 1876) é coñecida literariamente polo pseudónimo de George Sand. Nacida no seo dunha familia liberal que vivía á marxe dos convencionalismos sociais, a temperá morte do pai levouna a vivir coa avoa na súa propiedade de Nohant (Centre-Val de Loire), que recibiría en herdanza. Aos dezaoito anos casou con Casimir Dudevant, con quen tivo dous fillos, pero el dilapida o seu patrimonio e non tarda en abandonalo, para instalarse en París, onde viviu co seu amante, Jules Sandeau, e mantivo múltiples relacións, intelectuais e amorosas, con persoeiros como Alfred de Musset e Frédéric Chopin. Malia que estaba considerada unha muller de vida licenciosa, reclamou o seu dereito a vivir como considerase e, desafiando as prohibicións da época, traballou na escrita, vestiu roupa masculina e implicouse no feminismo e na defensa da igualdade de dereitos de homes e mulleres. A súa obra componse de novelas, ensaios, artigos na prensa e pezas teatrais.


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: