FELPETO LAGOA, MATILDE

Matilde Felpeto Lagoa (Cervás-Ares, 1947) é licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina profesional como funcionaria no Instituto Nacional do Libro Español (INLE), onde pediu a excedencia para dedicarse ao ensino. Exerceu como profesora de bacharelato en cidades e vilas como Madrid, Ponteareas e Vigo e de Didáctica da Lingua e Literatura Españolas nos cursos do CAP do ICE da universidade compostelá. Estudosa da gastronomía popular galega, é autora de libros como " Recetas de la cocina familiar gallega " , " Cociñar con albariño " , " Recetas de repostería tradicional de la cocina gallega y portuguesa " , " 40 menús para 40 banquetes " , " El capón de Vilalba y su cocina " , " O polbo e a súa cociña " (Xerais, 2014) e " Cociña galega tradicional " (Xerais, 2017).


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: