FERNANDEZ PENSADO, JOSE MANUEL
José Manuel Fernández Pensado (Manel de Aturuxo) (Porto do Son, 1946). En 1969 ingresou na Agrupación Folklórica Aturuxo, onde, entre outros cargos, foi vogal da xunta directiva, responsable do corpo de baile, presidente e, actualmente, presidente de honra. Tamén formou parte da Federación Galega de Grupos de Danza, en representación da súa agrupación, exercendo de vicepresidente varios anos e de presidente en funcións, séndolle outorgada a primeira Medalla de Ouro da Federación en 2001. Recibiu a Medalla de Prata Marcial del Adalid pola Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario en 1998.