GALLEGO ABAD, ELENA

Elena Gallego Abad (Teruel 1969) é escritora e xornalista cunha ampla traxectoria profesional, ligada a diversos medios de prensa e radio galegos. Membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), recibiu o Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo 1998, no seu apartado de medios audiovisuais. Deuse a coñecer como narradora coa saga xuvenil Dragal, publicada por Xerais, que se iniciou con " Dragal I. A herdanza do dragón " (2010), finalista do IV Premio Fundación Caixagalicia de literatura xuvenil en 2009 e premio Frei Martín Sarmiento 2012; continuada por " Dragal II. A metamorfose do dragón " (2011); " Dragal III. A fraternidade do dragón " (2012) e " Dragal IV. A estirpe do dragón " (2015). Despois da novela policial " Sete Caveiras " (Xerais, 2014), con " O Xogo de Babel " Elena Gallego Abad explora outro xénero da literatura para adultos.


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: