GARCIA TEIJEIRO

Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Ten publicada unha extensa obra poética para nenos e mozos, entre a que podemos citar obras como: ?Ventos? (Xerais 1992), ?Lueiro de papel? (Xerais 1995), ?Na fogueira dos versos? (Xerais 1996), Premio Merlín 1996, Lista de Honra do IBBY 1997 e Premio Pier Paolo Vergerio 1998; ?O que ven os ollos dos nenos? (Xerais 2001), prosa poética; a antoloxía poética ?Os nosos versos? (1997, Xerais 2003); ?Chove nos versos? (2004); ?Un rato díxolle á lúa? (Xerais 2013); ?Lendo lendas, digo versos? (Xerais 2015) e ?Poemar o mar? (Xerais 2016). No eido da narrativa para mozos e mozas ten publicado, entre outras obras: ? En voz baixa? (Xerais, 1998), ?Os peixes de cores? (Xerais 2002), ?Honorato, o rato namorado? (Xerais, 2007), ?Verbas de sal? (Xerais, 2011) e ?Recendos de aire sonoro? (Xerais, 2011). Tamén preparou a ?Antoloxía de Celso Emilio Ferreiro? (Xerais 1989).


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: