López Dominguez, Xán
XAN LÓPEZ DOMÍNGUEZ naceu en Lugo en 1957. É licenciado en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela. No plano profesional, combina as súas tres paixóns: a escritura, o deseño e a ilustración de literatura infantil. Na súa dilatada carreira ilustrou máis de trescentos libros para editoriais nacionais e estranxeiras. A súa obra foi merecedora de diferentes premios como o CCEI ao mellor ilustrador, tamén mellor ilustrador da Feira do Libro infantil de Boloña, ademais foi seleccionado pola prestixiosa lista White Ravens da Biblioteca de Múnic. Tamén recibiu o recoñecemento da Fundación Germán Sánchez Ruipérez especialista en literatura infantil e foi seleccionado polo IBBY como candidato aos premios Andersen e Astrid Lingdren.