MOHAMMADI, NARGES
Narges Mohammadi (nada en abril de 1972), Premio Nobel da Paz 2023, é unha das principais activistas iranianas a prol da democracia e dos dereitos humanos. É vicepresidenta do Centro de Defensores dos Dereitos Humanos en Irán, fundado pola tamén Premio Nobel Shirin Ebadi. Ao longo de anos de activismo loitou pola abolición da pena de morte, polo dereito á protesta pública e a favor dos dereitos das mulleres iranianas. Comprometida co movemento «Muller, Vida, Liberdade», organizou protestas durante o Día Internacional da Muller durante o seu encarceramento na prisión de Evin (Teherán). En total foi detida 13 veces, condenada en 5 ocasións e sentenciada a 31 anos de prisión e 154 lategazos. Na actualidade, como centos de mulleres, Narges Mohammadi segue encarcerada nunha prisión de Irán. O seu labor foi encomiado por Amnistía Internacional, Reporteiros sen Fronteiras e PEN Club.