Mourullo, Gonzalo R
Gonzalo Rodríguez Mourullo (Balcaide, Caló, Teo, 1935) é un escritor (en lingua galega) e xurista español. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi catedrático de Dereito Penal na Universidade de Oviedo, na Universidade de Santiago de Compostela (1970) e na Universidade Autónoma de Madrid desde 1970. Tras gañar en 1954 o primeiro premio de contos do Centro Galego de Bos Aires, publicou ``Nasce unha árbore´´ e en 1956 ``Memoria de Tains´´. Ambas obras sentaron as bases dunha fonda renovación na literatura galega que deu orixe á chamada Nova Narrativa Galega.