Pardellas de Blas, Xulio

Xulio Pardellas é doutor en Economía e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. Imparte docencia de Economía Mundial, Europea e de España nos campus de Pontevedra e Vigo. É autor do manual ?Economía básica? (Xerais, 2006), ademais de participar nos colectivos ?España e Europa: do franquismo ao euro? (Xerais, 2002), e ?A Unión Europea? (Xerais, 2003). As súas liñas de investigación principais oriéntanse ao desenvolvemento local e á economía do turismo, ámbitos nos cales ten publicados un gran número de libros, destacando entre os máis recentes nos que ten participado: ?Informes da Economía Galega? (Fundación Caixagalicia, 2003, 2004 e 2005), ?El impacto del Prestige? (2003), ?Segundos Estudios Estratéxicos do Eixo Atlántico? (2005), ?La actividad turística española en 2004? (2005). Así mesmo, como director, publicou: ?Turismo cultural e ambiental? (2003), ?Potencial turístico de territorios periféricos? (2004) e ?Turismo religioso: o Camiño de Santiago? (2005). Tamén é presidente da Asociación Galega de Ciencia Rexional (AGCR), vogal da directiva da Asociación de Científicos e Investigadores en Turismo (AECIT) e membro do comité de dirección do Centro de Estudios da Eurorrexión (CEER).


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: