Peleteiro Vázquez, Isabel Elena

Isabel Elena Peleteiro Vázquez. Nada en Caracas, de nacionalidade galaico-venezolana, estuda a Licenciatura en Pedagoxía e o Doutoramento en Educación en Venezuela. A súa experiencia profesional transcorre como docente e investigadora na Universidade Pedagóxica Experimental Libertador de Caracas (UPEL). Interesada na Antropoloxía Cultural de América desenvolve unha intensa actividade como xestora cultural en Santiago de Compostela. Este intenso labor de Mediación Intercultural orienta o seu retorno a Galicia. Esta viraxe ou tornaviaxe cara á Europa convértese nunha reemigración, polo que a considera un novo comezo. Estuda o Máster Universitario en Profesorado de Formación Profesional e obtén o Grao Europeo de Doutora en Estudos Culturais en lingua galega no ano 2021 coa Tese de Doutoramento: A visión da Galicia emigrada a Hispanoamérica sobre á discutida orixe galega de Cristóbal Colón na Universidade de Santiago de Compostela.


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: