Pena Taboada, Héctor

Héctor Pena (Santiago de Compostela, 1985) é xornalista, historiador e doutorando en Turismo Deportivo na Universidade de Vigo. Coruñés de adopción, viuse fascinado desde a súa primeira infancia polo fútbol, en particular, e polo deporte, en xeral, unha paixón que plasma cada día en forma de letras e palabras nas páxinas de ""Nós Diario"" desde o primeiro número do xornal, lanzado o 2 de xaneiro de 2020. Antes, escribiu e colaborou en medios como ""DXT Campeón"", ""O Dez"" ou ""Xornal de Galicia"", ao mesmo tempo que participaba en volumes colectivos con textos como ""FET y de las JONS: Deporte, mujer e identidades (1939-1959)"", ""El telégrafo que nos trajo el fútbol"" ou escribía libros como ""Historia del Trofeo Teresa Herrera"" (2015) e ""Os Nosos: futbolistas e adestradores que defenderon as cores do Celta e do Deportivo"" (2017). En 2021 comisariou a exposición de Vía Galega ""Galiza, un pobo, unha selección"", a maior mostra sobre deporte galego até o momento, escribindo ademais o guión do documental e dirixindo a revista e o xornal homónimo.


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: