Queizán, María Xosé

María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é escritora, ensaísta, tradutora e pensadora feminista. Considerada unha das autoras máis relevantes da literatura galega, entre as súas novelas destacan A orella no buraco (Galaxia, 1965, 1984), Amantia (1984), A semellanza (1988), O segredo da Pedra Figueira (1989), Amor de tango (1992), O solpor da cupletista (2003), Ten o seu punto a fresca rosa (2000), Meu pai vaite matar (2011), A boneca de Blanco Amor (Galaxia, 2014), Son noxento (2015) e o volume de relatos Sentinela, alerta! (2002) ademais dos poemarios Metáfora da metáfora (1991, 2024), Despertar das amantes (1993), Fóra de min (1995), Non o abras como unha flor (2004) e Cólera (2007). No ámbito do teatro publicou Antígona, a forza do sangue (1991), Cartuxeira (2008) e Neuras (2008), ademais de ensaios como A muller en Galicia (1977), Anti natura (2008), Rosalía de Castro e o poder sexual (2017) e Despoxos e vísceras ilustres (2019).


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: