REIGOSA, ANTONIO
Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Traballa como guía no Museo Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do ?Dicionario dos Seres Míticos Galegos? (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é coautor dos volumes ?Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega? (Xerais 2001), ?Pequena mitoloxía de Galicia? (Xerais 2001), ?Cando os animais falaban? (Xerais 2002), ?Arrepíos e outros medos? (Xerais 2004) e ?Antoloxía do conto galego de tradición oral? (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums ?Guía ilustrada da Galicia invisible? (2010) e ?Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal? (2011). Como autor de literatura infantil publicou: ?Memorias dun raposo? (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; ?Resalgario? (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; ?O galo avisado e o raposo trampulleiro? (Xerais 2003); ?Bacoriño? (Xerais 2004) e ?O aprendiz de home do saco? (Xerais 2013). En 2014 preparou a edición de ?Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías? e xunto con Antonio García Teijeiro publicou ?Lendo lendas, digo versos? (Xerais, 2015).