Reigosa, Antonio

Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Cronista oficial de Mondoñedo. Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do " Dicionario dos Seres Míticos Galegos " (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo, é coautor dos volumes " Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega " (Xerais 2001), " Pequena mitoloxía de Galicia " (Xerais 2001), " Cando os animais falaban " (Xerais 2002), " Arrepíos e outros medos " (Xerais 2004) e " Antoloxía do conto galego de tradición oral " (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums " Guía ilustrada da Galicia invisible " (Xerais 2010) e " Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal " (Xerais 2011). Como autor de literatura infantil publicou: " Memorias dun raposo " (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; " Resalgario " (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; " O galo avisado e o raposo trampulleiro " (Xerais 2003); " Bacoriño " (Xerais 2004); " O aprendiz de home do saco " (Xerais 2013) e " O raposo aviador que voa sen motor " (Xerais 2019). En 2014 preparou a edición de " Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías " , e xunto con Antonio García Teijeiro publicou " Lendo lendas, digo versos " (Xerais, 2015), Premio Gala do Libro Galego 2016 (Iniciativa Bibliográfica) e Lista de Honra do IBBY, 2018.


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: