Soto, Isabel
Isabel Soto comezou o seu labor profesional como investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde participou en proxectos relacionados coa literatura galega e a teoría da literatura. Alén da súa actividade como crítica literaria en diferentes medios, foi secretaria de " Golfiño " e GÁLIX, colaborou na " Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega " (Xerais, 2015) e editou os ensaios de Agustín Fernández Paz nos volumes " O rastro que deixamos " (Xerais, 2012) e " Un mundo de palabras " (Xerais, 2017). Na actualidade, dedícase sobre todo á tradución ?en ocasións, canda Xavier Senín?, á edición e á divulgación da LIX. É coautora do libro " María Victoria Moreno. Sementadora de futuro " (Xerais 2018).