Tobaruela, Pere
Pere Tobaruela (Barcelona 1965), vive actualmente en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con corenta títulos publicados nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e o resto do Estado, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, escolma de entrevistas, conto e novela. Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. En Xerais ten publicados o libros: ?Vouvos papar? (2008), obra infantil escrita en colaboración con Luz Méndez; ?A cripta do apóstolo? (2010), novela xuvenil; ?Poñente? (Xerais, 2011) ; ?O códice do Santo Lugar? (2013), novela xuvenil é coautor, xunto con Andrés Meixide da serie ?Formig4s? dirixida ao público infantil.