VALCARCEL, MARCOS (AUTOR/A)

MARCOS VALCÁRCEL (Ourense, 1958-2010), foi doutor en Historia Contemporánea, é catedrático de Lingua e Literatura Galegas. O seu traballo de investigación centrouse na historia política do galeguismo en relación con Ourense e a historia cultural da cidade: A prensa en Ourense e a súa provincia (1987) Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento (1988) A cidade da Xeración Nós (1996) Pé das Burgas. Estudios de historia, literatura e xornalismo (1998) «Ourense, a gran cidade literaria», en A memoria de Ourense (1999) Ourense, craro río, verde sol. A cidade na voz dos seus poetas (2001) Carlos Casares, punto de encontro (2002) etc. Publicou ademais Xoaquín Lorenzo. Vida e obra (Xerais, 2004) e preparou a edición da Poesía en galego de Antón Tovar (2005). Foi membro correspondente da RAG, formou parte das Fundacións Carlos Casares e Curros Enríquez e dirixiu a sección de Literatura do Liceo de Ourense. Colaborou nos xornais La Región e Galicia Hoxe. Foi autor do blog as uvas na solaina (http://asuvasnasolaina.blogspot.com).


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: