VERNE, JULES
Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, en Filoloxía Hispánica e tamén doutora pola UDC. Publicou a súa primeira novela, 'Proxecto Bolboreta' (Premio Micronovela do Concello de Soutomaior) no ano 2007. Desde entón leva doce obras publicadas, todas elas destinadas ao público infantil e xuvenil, e moitas delas recoñecidas con premios a nivel autonómico e nacional. En 2010 publica 'Violeta tamurana', Premio Meiga Moira, galardón que volve acadar con 'Miña querida Sherezade' no ano 2014. En 2013 sae á luz a súa novela 'Nubes de evolución', finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia e Premio Fervenzas Literarias. Con 'Volverás, golfiño' queda finalista do Premio Merlín. En 2015 gañou o Premio Jules Verne por 'Europa Express' e en 2017 foi finalista do Premio Raíña Lupa por 'O que sei do silencio'. Con 'Conta nove estrelas', obra incluída na lista de honra da OEPLI en 2019, gañou o Premio Lazarillo 2018, así como o Premio Frei Martín Sarmiento. En 2020 gaña o Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación e obtén o Premio Merlín por 'A folla azul'. No ano 2021 faise co Premio Raíña Lupa por 'Que me pare o corazón se te esquezo' e, ao ano seguinte, gaña o XIX Premio Anaya coa novela 'Alma de elefante'. En 2023 gaña o XLI Concurso de Narrativa Infantil Vila d'Ibi coa novela «O enigma de Sempreviva» (Xerais, 2025). En 2025 volve gañar o Premio Jules Verne por 'O corvo sobre a neve' (Xerais, 2025).