Aníbal Otero

LINGÜISTICA E POLÍTICA EN ESPAÑA NA GUERRA CIVIL E NO FRANQUISMO

Autor: Alonso Montero, Xesús

Sección: BIOGRAFÍAS Y MEMORIAS - BIOGRAFIAS Y MEMORIAS GRAL

Aníbal Otero

Aníbal Otero

22,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
08/02/2011
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - BIOGRAFÍA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este libro é a biografía de Aníbal Otero Álvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonado coñecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais dun pioneiro, un mestre. Pero o verán …

Este libro é a biografía de Aníbal Otero Álvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonado coñecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais dun pioneiro, un mestre. Pero o verán do 36 tronzou, en boa parte, a súa vida profesional cando o 5 de agosto, en Valença do Minho, foi detido, ilegalmente, pola Policía portuguesa, que o entregou, abouxado e inerme, ás autoridades militares de Tui, que, sen lexitimidade política, asumiron unha detención ilegal, unha especie de secuestro. Días antes, Aníbal Otero entrevistaba os " camponeses " do norte de Portugal como colaborador do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, el que, meses antes, investigara os cincuenta e tres puntos do mapa idiomático de Galicia. Logo vén o calvario dun infame proceso xudicial, a solicitude de pena de morte por parte do fiscal, unha longa condena e cinco anos de prisión en cinco cadeas distintas. Cando, nos anos cincuenta, Aníbal Otero volve á actividade lingüística, faino con dificultades, con limitación de medios científicos e con moi poucos azos. Aníbal Otero está dentro das coordenadas da lingüística española nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da posguerra, esquema no que tamén se moven os seus dous grandes mestres: Ramón Menéndez Pidal (nunha especie de exilio interior) e Tomás Navarro Tomás (no exilio exterior, ergueito sempre na belixerante dignidade de quen proclamaba que non " amnistiaba a Franco " ).
Leer más

Más libros de Alonso Montero, Xesús

Más información del libro

Aníbal Otero

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-198-5
EAN:
9788499141985
Nº páginas:
416
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - BIOGRAFÍA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
225 mm
Ancho:
150 mm
Sección:
BIOGRAFÍAS Y MEMORIAS
Sub-Sección:
BIOGRAFIAS Y MEMORIAS GRAL
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Real Academia Galega dende 2013, é filólogo, tradutor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudos e traballos entre os que cabe destacar: " Cen anos de literatura galega " (1964); " Informe ?dramático? sobre la lengua gallega " (1973); " Celso Emilio Ferreiro " (1982); " Decálogo da lingua galega " (1990); " Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado) " (1991); " As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane " (Xerais 1994, 2002); " Ensaios breves de literatura e política " (1996); " Curros Enríquez no Franquismo (1936-1971) " (2003); " A Batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na Unesco en 1954 " (Xerais 2003); " Intelectuais marxistas en Galicia (1920-2006) " (Xerais 2006); " Páxinas sobre Rosalía de Castro (1957-2004) " (Xerais 2004); " Eduardo Jorge Bosco (Poemas en lingua galega) " (Xerais 2007); " Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) " (Xerais 2009); " Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo " (Xerais 2011, Premio Losada Diéguez, 2012), " Castelao na Unión Soviética en 1938 " (Xerais, 2012); " Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo " (Xerais 2014) e " Xosé Filgueira Valverde: Biografía intelectual " (Xerais 2015). Unha escolma da súa obra xornalística foi recollida en " Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999) " (2000), publicación con motivo da concesión do Premio Roberto Blanco Torres 2000. Escolmou a súa produción lírica no libro " Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo " /Xerais 2017). Director do Centro de Estudos Rosalianos, é autor de centos de traballos sobre Rosalía de Castro e outros escritores.

Otros libros en BIOGRAFÍAS Y MEMORIAS

  • LA SOCIEDAD DE LA NIEVE

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LA SOCIEDAD DE LA NIEVE

    20,00€ IVA INCLUIDO

  • POR SI LAS VOCES VUELVEN

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    POR SI LAS VOCES VUELVEN

    7,95€ IVA INCLUIDO

  • LETIZIA Y YO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LETIZIA Y YO

    17,00€ IVA INCLUIDO

  • LLAMADA, LA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LLAMADA, LA

    20,90€ IVA INCLUIDO

  • POR SI LAS VOCES VUELVEN

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    POR SI LAS VOCES VUELVEN

    18,90€ IVA INCLUIDO

  • EL FRACASO ES EL PRINCIPIO DEL EXITO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    EL FRACASO ES EL PRINCIPIO DEL EXITO

    19,00€ IVA INCLUIDO

  • LA BAILARINA DE AUSCHWITZ

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    LA BAILARINA DE AUSCHWITZ

    10,95€ IVA INCLUIDO

  • No somos parte del mundo

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    No somos parte del mundo

    20,90€ IVA INCLUIDO

  • SOLITO

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    SOLITO

    23,90€ IVA INCLUIDO

  • EL CHICO DE LAS MUSARAÑAS

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    EL CHICO DE LAS MUSARAÑAS

    21,90€ IVA INCLUIDO

  • Había del verbo a ver

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    Había del verbo a ver

    19,90€ IVA INCLUIDO

  • MILAGRO EN LOS ANDES

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    MILAGRO EN LOS ANDES

    12,95€ IVA INCLUIDO

  • ELON MUSK

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    ELON MUSK

    24,90€ IVA INCLUIDO

  • POR SI LAS VOCES VUELVEN TAPA DURA

    DISPONIBLE

    Recogida en librería GRATIS

    Envío a domicilio

    POR SI LAS VOCES VUELVEN TAPA DURA

    19,90€ IVA INCLUIDO