Ao pé do abismo

AO PÉ DO ABISMO

Autor: ANEIROS, ROSA

Sección: FILOLOGÍA - Lengua

Ao pé do abismo

Ao pé do abismo

16,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
02/11/2007
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - XORNALISMO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Ao pé do abismo é a engaiolante prosa xornalística de Rosa Aneiros e inclúe textos tan deslumbrantes como «A última vaca», premio Caixanova Francisco Fernández del Riego de Xornalismo. Literatura e xornalismo, realidade e ficción.Velaquí un xogo de equívocos. A verdade mestúrase coa mentira pero nunca sabemos cal é cal. O lindeiro entre a literatura e o xornalismo fica esvaecido …

Ao pé do abismo é a engaiolante prosa xornalística de Rosa Aneiros e inclúe textos tan deslumbrantes como «A última vaca», premio Caixanova Francisco Fernández del Riego de Xornalismo. Literatura e xornalismo, realidade e ficción.Velaquí un xogo de equívocos. A verdade mestúrase coa mentira pero nunca sabemos cal é cal. O lindeiro entre a literatura e o xornalismo fica esvaecido polo neboeiro dos datos, das aparencias, da credibilidade, dos nomes, da estrañeza, da obxectividade sempre subxectiva de quen olla. Son retallos que navegan entre a realidade e a ficción, un baile arriscado ao pé do abismo, unha singradura por memorias e teimas. Por horrores e fascinacións. Por paisaxes e persoas. Dos terribles titulares de prensa ao nordés que varre o rostro na Frouxeira. Das estatísticas que anulan os rostros á ollada de Carol nunha favela de Brasil. Das perlas que se perden no maremoto de Asia ao silencio de area do pobo saharauí. Do sabor clorofila do tabaco en Viñales ao debuxo dunha bandada de estorniños na Coruña. Todas estas mentiras e verdades fican atadas tan só por un fío de herba. É un mollo de emoción que talvez nos permita atrapar por uns segundos o efémero e aturuxador cotío que sempre nos foxe. A realidade nunca estivo tan lonxe. Ou non.
Leer más

Más libros de ANEIROS, ROSA

Todos los libros de ANEIROS, ROSA

Más información del libro

Ao pé do abismo

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-676-1
EAN:
9788497826761
Nº páginas:
0
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - XORNALISMO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
219 mm
Ancho:
146 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Lengua
Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, " Eu de maior quero ser " , á que seguiron " Corazóns amolecidos en salitre " (2002); " Resistencia " (Xerais 2003), Premio Arcebispo San Clemente, 2003; " O xardín da media lúa " (2004); " Veu visitarme o mar " (Xerais 2004); " Ás de bolboreta " (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil, 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; " Sol de Inverno " (Xerais 2009), Premio Xerais de Novela 2009 e Premio Fervenzas Literarias á Mellor portada de adultos, 2009; e a triloxía " Ámote Leo A. Destino xalundes " (Xerais 2013), " Ámote Leo A. Estación de tránsito " (Xerais 2014) e " Ámote Leo A. Terminal de chegadas? " (Xerais 2014). Publicou na colección Merlín " A batalla da pequena Chañan Curi Coca " (Xerais 2017).

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar