Ás de bolboreta

ÁS DE BOLBORETA

Autor: ANEIROS, ROSA

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 13 años

Ás de bolboreta

Ás de bolboreta

13,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
11/03/2011
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Na " Luzada " , a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co …

Na " Luzada " , a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño... O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que " Ás de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela " ; salientando, ademais, que " mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela " . Para concluír que " Ás de bolboreta é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalis
Leer más

Más libros de ANEIROS, ROSA

Todos los libros de ANEIROS, ROSA

Más información del libro

Ás de bolboreta

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-215-9
EAN:
9788499142159
Nº páginas:
0
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 13 años
Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, " Eu de maior quero ser " , á que seguiron " Corazóns amolecidos en salitre " (2002); " Resistencia " (Xerais 2003), Premio Arcebispo San Clemente, 2003; " O xardín da media lúa " (2004); " Veu visitarme o mar " (Xerais 2004); " Ás de bolboreta " (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil, 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; " Sol de Inverno " (Xerais 2009), Premio Xerais de Novela 2009 e Premio Fervenzas Literarias á Mellor portada de adultos, 2009; e a triloxía " Ámote Leo A. Destino xalundes " (Xerais 2013), " Ámote Leo A. Estación de tránsito " (Xerais 2014) e " Ámote Leo A. Terminal de chegadas? " (Xerais 2014). Publicou na colección Merlín " A batalla da pequena Chañan Curi Coca " (Xerais 2017).

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar