QUE LLE PODO OFRECER A QUEN ME INTENTE?

MONOGRÁFICO LOIS PEREIRO

Autor: Angueira, Anxo

Sección: FILOLOGÍA - Literatura

QUE LLE PODO OFRECER A QUEN ME INTENTE?

QUE LLE PODO OFRECER A QUEN ME INTENTE?

20,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
16/06/2011
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Ensaio
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este volume é o primeiro resultado dun proxecto concibido polo grupo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía), vinculado á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. En consonancia coa actividade que literaria e socialmente se desenvolve arredor do Día das Letras Galegas, o noso grupo quere contribuír ás numerosas achegas realizadas ó estudo …

Este volume é o primeiro resultado dun proxecto concibido polo grupo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía), vinculado á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. En consonancia coa actividade que literaria e socialmente se desenvolve arredor do Día das Letras Galegas, o noso grupo quere contribuír ás numerosas achegas realizadas ó estudo e análise do autor ou autora ó que se dedica esta celebración. A figura de Lois Pereiro, que protagoniza este 2011, é pois quen centra esta primeira entrega. Trátase dun autor complexo e senlleiro, ás veces periférico, coma un outsider, ata o de agora lonxe da canonización académica. Porén, Lois Pereiro gozou e goza de certa admiración, e mesmo culto, por parte de sectores minoritarios pero relevantes no campo cultural galego. O Día das Letras Galegas vai permitir que a súa presenza irrompa de xeito definitivo na sociedade galega, chegando por fin a novos e amplos círculos. Trátase, si, dun escritor complexo, pero tamén transgresor, que o sistema literario galego, desde o canon, ten dificultades á hora de clasificar, etiquetar... Desde a súa pertenza ou inclusión nun determinado grupo xeracional, á súa novidosa estética que incorpora trazos da cultura underground contemporánea do rock e do punk anglosaxóns, pasando polas súas fontes e referencias da poesía e da literatura centroeuropea en lingua alemá. Ningunha outra figura do seu tempo ten un perfil biográfico similar, cunha actitude vital na que se proxectan as mesmas tensións que tamén toman corpo nos seus textos.
Leer más

Más libros de Angueira, Anxo

Más información del libro

QUE LLE PODO OFRECER A QUEN ME INTENTE?

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-283-8
EAN:
9788499142838
Nº páginas:
176
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Ensaio
Lengua:
GALLEGO
Alto:
245 mm
Ancho:
170 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Literatura
Anxo Angueira (Manselle, 1961), profesor da Universidade de Vigo, vén desenvolvendo a súa actividade investigadora no ámbito literario, centrándose no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Fernández Morales, Curros Enríquez e Sarmiento) e na obra de Méndez Ferrín, sobre quen realizou a súa tese Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego (2009). Como poeta destacan os seus títulos O valo de Manselle (1996) e Fóra do sagrado (2007). Leva publicadas no ámbito da narrativa obras como Bágoas de facer illas (1997), Premio Dublín de Narrativa; Pensa nao (1999), Premio Xerais de Novela, Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro (2002) e A morte de A. (2003). Con Iria (2012), obra en certo sentido continuadora de Pensa nao, regresa á novela.

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar