Obabakoak (Ed. anterior)

Autor: Atxaga, Bernardo

Sección: NARRATIVA - Novela General

Obabakoak (Ed. anterior)

Obabakoak (Ed. anterior)

20,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
KALANDRAKA
Publicación:
26/06/2008
Colección:
Narrativa K
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Obaba non está en ningún mapa, é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións retratado a través dunsrelatos que nos transportan ao territorio atemporal dos soños e da imaxinación. Ilustración de cuberta: Ramón Trigo. «Obabakoak» transporta as lectoras e os lectores ao territorio atemporal dos soños e da imaxinación, onde o extraordinario e o cotián abalan nunha difusa fronteira. …

Obaba non está en ningún mapa, é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións retratado a través dunsrelatos que nos transportan ao territorio atemporal dos soños e da imaxinación. Ilustración de cuberta: Ramón Trigo. «Obabakoak» transporta as lectoras e os lectores ao territorio atemporal dos soños e da imaxinación, onde o extraordinario e o cotián abalan nunha difusa fronteira. Obaba non existe, non está en ningún mapa é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións, pero axiña se atopa un emprazamento para os 26 relatos dos que consta. Realismo fantástico o desta obra baseada nas lembranzas de infancia de Bernardo Atxaga, que a estruturou en tres apartados: «Infancias», «Nove palabras en honra da vila de Villamediana» e «Á busca da derradeira palabra». Destaca a importancia que adquire para os protagonistas o exercicio da escrita, reflectida como un acto liberador que lles permite exorcizar os medos máis fondos. Sobresae tamén a capacidade do autor para definir con precisión psicolóxica o perfil dos personaxes, chegando ata os recunchos máis privados e intensos da conciencia de cada quen convertendo sentimentos particulares en universais segundo se avanza na lectura. Un dos factores máis salientables é a representación doutras figuras que non seguen as pautas e os convencionalismos morais ou sociais así, aqueles que -pola súa conduta ou forma de pensar- son sinalados co dedo, tamén están presentes: o tolo, o ateo, a muller solitaria... Para estes marxinais ou diferentes, Bernardo Atxaga traza unha mirada amable e compasiva. Publicado en 1988, trátase dun texto que invita á evocación e á reflexión literaria, escrito con singulares e variadas técnicas narrativas, e traducida por Ramón Nicolás a partir da versión en castelán do propio autor é o libro en éuscaro de máis sona internacional e traduciuse a máis de vinte linguas, ademais de recibir diversos premios. Existe unha adaptación cinematográfica dirixida por Montxo Armendáriz.
Leer más

Más libros de Atxaga, Bernardo

Todos los libros de Atxaga, Bernardo

Más información del libro

Obabakoak (Ed. anterior)

Editorial:
KALANDRAKA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-96957-36-7
EAN:
9788496957367
Nº páginas:
0
Colección:
Narrativa K
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar