A cabra boba

Autor: Bruno Galán, Pep

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 13 años

A cabra boba

A  cabra boba

13,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
OQO EDITORA
Publicación:
10/05/2014
Colección:
colección O
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Despois de a buscar por toda a aldea, Miguel atopou a súa cabra subida no tellado. "Pensará que é un catavento?, ou unha cheminea?, ou quizais un gato?", preguntábase Miguel. E coa axuda dunhas flores, un libro de contos e unha presada de sal (o sal gústalles ás cabras máis que os xeados aos nenos), a cabra boba regresou ao …

Despois de a buscar por toda a aldea, Miguel atopou a súa cabra subida no tellado. "Pensará que é un catavento?, ou unha cheminea?, ou quizais un gato?", preguntábase Miguel. E coa axuda dunhas flores, un libro de contos e unha presada de sal (o sal gústalles ás cabras máis que os xeados aos nenos), a cabra boba regresou ao seu lugar. Cóntanos o autor, lembrando a súa infancia, que nas casas do lugar había dúas ou tres cabras. Polas mañás, cando os nenos ían á escola, levaban as cabras canda eles e deixábanas co cabreiro na praza. O cabreiro ía para o monte e os nenos para a escola. Ao acabar o día, os cativos recollían as súas cabras ?aínda que, algunha volvía soa para o curral. Así, a cabra regresaba co bandullo cheo, preparada para dar leite, e os nenos coa cabeza tamén chea, mais de cousas que aprenderan na escola. A cabra boba ?ou lista, segundo se mire? deste conto nace do coñecemento e da observación do mundo rural, e constitúe unha fórmula indirecta para se achegar e comprender a cara fantástica da realidade. A cabra de Miguel xa non está co cabreiro. Se cadra, marchou para o curral... Miguel búscaa por todas partes, e atópaa nun lugar inesperado. A aventura termina dun xeito cómico e sorprendente que desvela a ilustración. Mediante recursos esenciais da narración oral (onomatopeas, diálogos, repeticións?), Pep Bruno crea unha historia ideal para contárllela aos máis pequenos antes de durmiren. Un conto co texto imprescindible, e que ten un valioso apoio no poder narrativo da secuencia visual. Roger Olmos preséntanos imaxes con perspectivas moi eficaces para guiaren a acción e asimilarmos conceptos espaciais que marcan o ritmo da narración. Os debuxos, dinámicos e caricaturescos, destilan comicidade e información estimulante para a imaxinación, e converten A cabra boba nun libro que conecta igualmente con lectores doutras idades.
Leer más

Más libros de Bruno Galán, Pep

Más información del libro

A cabra boba

Editorial:
OQO EDITORA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-9871-499-9
EAN:
9788498714999
Nº páginas:
0
Colección:
colección O
Lengua:
GALLEGO
Alto:
230 mm
Ancho:
250 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 13 años

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar