AS PALABRAS PODEN MATAR

AS PALABRAS PODEN MATAR

Autor: CALVEIRO, MARCOS

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 6 años

AS PALABRAS PODEN MATAR

AS PALABRAS PODEN MATAR

12,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
12/02/2015
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

ÚLTIMOS EJEMPLARES

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os …

Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os que alí malviven. Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas. Cando aparece Silencio, un guedellán que só fala coas mans e coa faciana, ninguén sabe que a súa presenza mudará a vida dun barrio sen soños nin esperanzas, onde ninguén cre nos milagres e cuxos habitantes non miraban adiante e tampouco querían mirar atrás.
Leer más

Más libros de CALVEIRO, MARCOS

Todos los libros de CALVEIRO, MARCOS

Más información del libro

AS PALABRAS PODEN MATAR

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-811-3
EAN:
9788499148113
Nº páginas:
136
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
215 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 6 años
Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), neto de feirantes taberneiros é licenciado en dereito. Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís ?Sari soñador de mares? (2006) e ?Rinocerontes e quimeras? (2007). En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por ?O carteiro de Bagdad?, novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. Despois, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por ?O canto dos peixes? (2008), o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2010 pola novela ?O pintor do sombreiro de malvas? (Xerais 2010) e o Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 por ?Palabras de auga? (Xerais 2012). Na colección Sopa de Libros publicou ?Unha casiña branca? (Xerais, 2015). En 2011 publicou ?Lois Pereiro. Náufrago do paraíso? (Xerais 2011) e ?Centauros do norte? (2011) polo que obtivo o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil 2010. Tamén é autor da tetraloxía ?El samurai del rey? (2010-2011). A meirande parte da súa obra está traducida ao castelán e catalán. En Xerais Narrativa leva publicadas dúas novelas: ?Festina lente? (2008) Premio da Crítica 2008 (narrativa), Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, Autor do ano 2008 e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009 e ?Setteccento? (2010). Na colección Fóra de xogo tamén ten publicadas as novelas ?Todos somos? (Xerais 2013) e ?As palabras poden matar? (Xerais 2015). Como poeta publicou ?Cartas do terceiro día? (2007), VIIº Premio de Poesía Concello de Carral. Mantén aberto o blog Alfaias http://alfaias.blogaliza.org e o perfil en twitter @calveiro

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar