Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)

CAMESELLE. CRÓNICA FOTOGRÁFICA DE VIGO (1975-2005)

Autor: Cameselle Domínguez, Guillermo

Sección: FOTOGRAFÍA - Fotógrafos y Albumes de Fotografía

Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)

Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)

28,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
19/11/2013
Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este libro recolle unha antoloxía do traballo fotoxornalístico realizado por Guillermo Cameselle no xornal " Faro de Vigo " de 1975 a 2005. Máis de oitocentas fotografías que constitúen una crónica social, política, cultural e deportiva da cidade de Vigo nun período tan decisivo como convulso. En palabras de Ceferino de Blas, prologuista do libro, " Cameselle foi fotógrafo de …

Este libro recolle unha antoloxía do traballo fotoxornalístico realizado por Guillermo Cameselle no xornal " Faro de Vigo " de 1975 a 2005. Máis de oitocentas fotografías que constitúen una crónica social, política, cultural e deportiva da cidade de Vigo nun período tan decisivo como convulso. En palabras de Ceferino de Blas, prologuista do libro, " Cameselle foi fotógrafo de múltiples dimensións. Do mar vigués, que tanto amaba, da cidade e canto a definía, da industria, dos estaleiros, da actividade portuaria, da rica dinámica cultural. De grandes acontecementos, de prohomes e anónimos. Vigo, a cidade da que estaba encariñado, está impresa nestas páxinas polas catro bandas e por todas as súas costuras. Repasando o seu traballo apréciase o devir da urbe durante máis dun terzo de século. Fillo do tempo que lle tocou vivir, o nome de Cameselle está ligado a un ámbito tan periodístico como lacerante: a gran depresión da industria e as loitas laborais. Até o punto de que pode considerarse o fotógrafo de " Os luns ao sol " , a película da reconversión industrial viguesa. As súas fotos resumen o devalar dos estaleiros e outras industrias punteiras e o esforzo dos traballadores para impedir o inevitable " .
Leer más

Más información del libro

Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-9914-578-5
EAN:
9788499145785
Nº páginas:
440
Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
150 mm
Sección:
FOTOGRAFÍA
Sub-Sección:
Fotógrafos y Albumes de Fotografía
Guillermo Cameselle Domínguez (Vigo, 1951-2012). Fotógrafo. Realizou estudos de decoración, fotografía e informática. Iniciouse no mundo da fotografía realizando reportaxes xunto a Manuel Novoa e Manuel García Castro «Magar». A comezos dos anos 70 traballou como reporteiro gráfico na delegación territorial de TVE e como correspondente gráfico da Axencia EFE. En 1974 entrou a formar parte do cadro de Faro de Vigo onde, dende entón, traballou como fotógrafo e, dende 2001 até 2005, como xefe de fotografía. Colaborou con diversas editoriais e revistas. É autor das fotografías dos libros Vigo a través de sus barrios (Faro de Vigo, 1995) e Vigo a través de sus monumentos (Faro de Vigo, 1997). Obtivo diversos premios e recoñecementos polo seu traballo: Premio Internacional de la Camelia; Premio Galicia y el mar (1990) pola súa reportaxe «Castelete»; Premio Galicia de Comunicación (2005) na categoría de periodismo gráfico en recoñecemento á súa «intensa e brillante traxectoria profesional»; e Mención de honra da Federación española de vela (2006). Unha pequena parte do seu traballo está recollido no libro antolóxico Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) (Xerais 2013).

Otros libros en FOTOGRAFÍA

También te pueden interesar