Dipnoi

Dipnoi

Autor: CANOSA, MARIA

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 6 años

Dipnoi

Dipnoi

12,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/01/2026
Colección:
FORA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Sabela, Manu, Claudia, Fabio e Lois conforman un grupo en que a amizade convive coa sospeita, os prexuízos e o que nunca se di en voz alta. Sen pretendelo, Manu destaca por diferente. Coida o seu aspecto con esmero, fala pouco do seu pasado e non sempre encaixa nos moldes. Algúns admírano. Outros desconfían. Nin sequera quen o defende se …

Sabela, Manu, Claudia, Fabio e Lois conforman un grupo en que a amizade convive coa sospeita, os prexuízos e o que nunca se di en voz alta. Sen pretendelo, Manu destaca por diferente. Coida o seu aspecto con esmero, fala pouco do seu pasado e non sempre encaixa nos moldes. Algúns admírano. Outros desconfían. Nin sequera quen o defende se atreve a preguntarlle o que todos calan. Mentres tanto, no territorio paralelo e anónimo da Rede, Dipnoi e LadyFolerpa manteñen unha relación intensa e profunda. Agochados tras a pantalla si son capaces de abrir a alma. O que non sospeitan é que, ao outro lado, se agocha alguén moito máis próximo do que imaxinan. Unha historia sobre o que se cala, o medo á tenrura e ao diferente, sobre o valor de ser un mesmo e das palabras que nos salvan, ou nos poden salvar.
Leer más

Más libros de CANOSA, MARIA

Todos los libros de CANOSA, MARIA

Más información del libro

Dipnoi

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-1110-762-4
EAN:
9788411107624
Nº páginas:
160
Colección:
FORA DE XOGO
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
21 mm
Ancho:
13 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 6 años
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compaxinando desde sempre coa de escritora. É articulista no xornal «La Voz de Galicia» desde hai case dúas décadas e colaborou en varios programas de debate da Radio Galega e Radio Voz. Desenvolveu o papel de ""experta en letras"" en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É a condutora do programa literario «Léocho», da TVG. Recibiu o Premio Rosalía de Castro da Lingua pola súa contribución á promoción da lingua galega. É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo» (1997) e continuada por títulos como «O papaventos de Laura» (2011) «Xiana, a nena pirata» (2012) «Druídas» (2014) «Rubicundo» (Xerais, 2015), finalista do Premio Merlín 2014 «O día que choveu do revés» (Xerais, 2016) , finalista do Premio Merlín 2015 «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016 «Muriel» (Xerais, 2017), Premio Merlín 2017 «Unha fábrica de bicos» (Xerais, 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón «As pombas de Bastián» (Xerais, 2021) «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais, 2023) e «Escola de bruxas» (Xerais, 2024). Con motivo do Día das Letras Galegas de 2023, ese ano publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras» (Xerais, 2023). Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais, 2019). É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares. Con «Dipnoi» (Xerais, 2026) estréase na colección Fóra de xogo.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar