ONDE O SOL NON ADORMECE

Onde o Sol non adormece

Autor: CORTIZAS, ANTON (AUTOR/A)

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 13 años

ONDE O SOL NON ADORMECE

ONDE O SOL NON ADORMECE

12,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
19/09/2003
Colección:
INFANTIL E XUVENIL. FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Días antes da súa entrada na Universidade, Pedro escribe as lembranzas da súa vida con Xulia, a súa amiga dende o berce.A ausencia de Xulia, que daquela viaxa a Estocolmo para ser operada dunha lesión conxénita e así recobrar a vista, e a presencia dunha vella caixiña de cedro, un obxecto máxico e misterioso, desencadea no mozo unha esculca apaixonada …

Días antes da súa entrada na Universidade, Pedro escribe as lembranzas da súa vida con Xulia, a súa amiga dende o berce.A ausencia de Xulia, que daquela viaxa a Estocolmo para ser operada dunha lesión conxénita e así recobrar a vista, e a presencia dunha vella caixiña de cedro, un obxecto máxico e misterioso, desencadea no mozo unha esculca apaixonada do horizonte, das paisaxes e dos soños que ambos os dous compartiron. Dúas vidas condensadas en catorce días que permiten comprender que cando se vive amando, un minuto pode durar unha eternidade. Unha emocionante novela de amor que densifica as ansias de dúas persoas que se amaron nunha paisaxe onde o horizonte se chama esperanza. Unha novela de intriga que esculca os límites entre a fantasía e a realidade, entre a luz e a escuridade.
Leer más

Más información del libro

ONDE O SOL NON ADORMECE

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9782-054-7
EAN:
9788497820547
Nº páginas:
264
Colección:
INFANTIL E XUVENIL. FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 13 años
Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato «A media muller» co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: «Memorias dun río» (1988), Premio Barco de Vapor 1988 «Xiganano ¿onde estás?» (1990) «O conto dos sete medos» (1991), Premio Barco de Vapor 1991 «O lapis de Rosalía» (1992) (Xerais 2015) «A bruxa sen curuxa» (1993) «O merlo de ferro» (1995) (Xerais 2013) «Os gritos das illas Lobeiras» (Xerais 2019), Premio Barco de Vapor 1995 «Historias e algún percance todas ditas en romance» (1996) «Leonel» (Xerais 1996) «Contos de vento e de nunca acabar» (1999) «Dominicus o dragón» (2001) «A merla de trapo», Premio Merlín de Literatura Infantil (Xerais 2001) «¡Cázame ese pensamento!» (2001) «O coleccionista de sombras» (2002), «Onde o sol non adormece» (Xerais 2003) e «Vaia tropa!» (Xerais 2011). Como investigador publicou «Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares» (Xerais 2001), «Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota» (Xerais 2010) e «Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza» (Xerais 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra «Incrible invento de Solfis, a pianista» (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con «Xogando con gatos» (Xerais 2015), o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar