XOGANDO CON GATOS

XOGANDO CON GATOS

Autor: Cortizas, Antón

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - Poesía y Teatro

XOGANDO CON GATOS

XOGANDO CON GATOS

16,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
02/07/2015
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - Biblioteca Dramática
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facía décadas atrás. É a mudanza dos tempos. Os novos medios (TV, xogos electrónicos, teléfono móbil, ipad, ipod...) así como unha xeografía urbana desaxeitada (falta de espazos de encontro e recreo), alén da ocupación dos mesmos por outras circunstancias (rúas ateigadas de vehículos) e …

Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facía décadas atrás. É a mudanza dos tempos. Os novos medios (TV, xogos electrónicos, teléfono móbil, ipad, ipod...) así como unha xeografía urbana desaxeitada (falta de espazos de encontro e recreo), alén da ocupación dos mesmos por outras circunstancias (rúas ateigadas de vehículos) e engadido todo isto ao forte descenso da natalidade que dá por resultado a escaseza de nenos (quer no medio urbano quer no medio rural ?aínda conservando este toda a xeografía do xogo?) que dificulta, xa que logo, a concentración de nenos necesaria para que se produza o xogo colectivo e socializador. A todo isto aínda hai que sumar a excesiva ocupación do tempo de lecer das crianzas en actividades regradas (deportes, música, tarefas escolares...) que lles resta posibilidades de desenvolveren o xogo libre e creativo. Quizabes, se os meniños e as meniñas xogasen como se xogaba en creatividade, liberdade e gratuidade, esta obra non tería razón de ser.
Leer más

Más libros de Cortizas, Antón

Todos los libros de Cortizas, Antón

Más información del libro

XOGANDO CON GATOS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa dura (libros)
ISBN:
978-84-9914-881-6
EAN:
9788499148816
Nº páginas:
120
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - Biblioteca Dramática
Lengua:
GALLEGO
Alto:
230 mm
Ancho:
150 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
Poesía y Teatro
Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato ?A media muller? co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: " Memorias dun río " (1988), Premio Barco de Vapor 1988; " Xiganano ¿onde estás? " (1990); " O conto dos sete medos " (1991), premio Barco de Vapor 1991; " O lapis de Rosalía " (1992) (Xerais, 2015); " A bruxa sen curuxa " (1993); " O merlo de ferro " (1995) (Xerais 2013); " Os gritos das illas Lobeiras " (1995), premio Barco de Vapor 1995; " Historias e algún percance todas ditas en romance " (1996); " Leonel " (Xerais 1996); ?Contos de vento e de nunca acabar? (1999); ?Dominicus o dragón? (2001); ?A merla de trapo? (Xerais 2001), Premio Merlín 2001; ?¡Cázame ese pensamento!? (2001); ?O coleccionista de sombras? (2002), ?Onde o sol non adormece? (Xerais 2003) e " Vaia tropa! " (Xerais 2011). Como investigador publicou " Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares " (Xerais 2001), " Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota " (Xerais 2010) e " Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza " (Xerais, 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra " Incrible invento de Solfis, a pianista " (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con " Xogando con gatos " (Xerais 2015) o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar