Nunca máis Galiza á intemperie

NUNCA MÁIS GALIZA Á INTEMPERIE

Autor: De Toro, Suso

Sección: FILOLOGÍA - Lengua

Nunca máis Galiza á intemperie

Nunca máis Galiza á intemperie

12,85€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
07/01/2003
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Nas páxinas deste libro, urxidas por unhas horas altas e amargas, reconstrúese a crónica do primeiro mes da enorme marea negra que atacou a ribeira atlántica. Dende os primeiros días do accidente do Prestige, o escritor Suso de Toro foi relatando e interpretando nos medios de comunicación esta catástrofe ecolóxica e humana, sepultada baixo un cobertor de silencio interesado, e …

Nas páxinas deste libro, urxidas por unhas horas altas e amargas, reconstrúese a crónica do primeiro mes da enorme marea negra que atacou a ribeira atlántica. Dende os primeiros días do accidente do Prestige, o escritor Suso de Toro foi relatando e interpretando nos medios de comunicación esta catástrofe ecolóxica e humana, sepultada baixo un cobertor de silencio interesado, e a súa transformación nunha crise na política galega, logo na política española e agora nunha crise da política do Estado ante esta catástrofe de dimensións europeas e mundiais. Suso de Toro amosa nestas páxinas o seu convecemento de ter asistido durante este mes ao nacemento dunha nación; para el " o vello pole do orgullo nacional galego teimosamente gardado e transmitido atopou á fin un terreo humano no que prender. Unha sociedade que o acolleu " . O escritor Manuel Vázquez Montalban sinalou que estas vibrantes crónicas de Suso de Toro merecerían formar parte dunha posible Historia Universal da Chapuza, título destinado a quen queira mergullarse nun dos capítulos menos estimulantes da conducta humana. Nunca máis Galiza á intemperie é un libro épico e comprometido, unha homenaxe aos mariñeiros galegos que, co seu valor e a súa determinación, nos deron a todos un exemplo de civismo e fecundaron o sentimento do orgullo de sermos galegos.
Leer más

Más libros de De Toro, Suso

Todos los libros de De Toro, Suso

Más información del libro

Nunca máis Galiza á intemperie

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-8302-932-9
EAN:
9788483029329
Nº páginas:
112
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo
Lengua:
GALLEGO
Alto:
22 mm
Ancho:
14 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Lengua
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: ?Caixón desastre? (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; ?Polaroid? (1986), relatos, Premio da Crítica Galicia; ?Land Rover? (1988), novela; ?Ambulancia? (1990), novela; ?Tic-Tac? (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; ?A sombra cazadora? (1994), novela; ?Conta saldada? (1996, 2017), novela; ?Calzados Lola? (1997), novela, Premio Blanco Amor; ?Círculo? (1998), relatos; ?Non volvas? (2000), novela, Premio da Crítica Española; ?Trece badaladas? (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; ?Morgún (Lobo Máxico)? (2003), novela; ?Home sen nome? (2006), novela; ?Sete palabras? (2009), novela, ?Somnámbulos? (2014), relatos e ?Fóra de si? (2018), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: ?F.M.? (1991), ?Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista? (1991), ?O país da brétema? (2000, Xerais 2016), ?A carreira do salmón? (2001), ?Nunca máis Galiza á intemperie? (2002), ?Españois todos? (2004), ?Ten que doer? (2004), ?Outra idea de España? (2005), ?Outra Galiza? (2008), ?Inmateriais. Vidas da nosa historia? (2013) e ?Humildar. Rituais despois de deus? (2017). Publicou ademais a obra de teatro ?Unha rosa é unha rosa? (1997) e ?Servicio de urxencias? (2002), guións de televisión.

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar