Miño

Miño

Autor: del Caño, Xosé Manuel

Sección: NARRATIVA - Novela General

Miño

Miño

24,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/04/2023
Colección:
NARRATIVA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Na antoloxía «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Le-tras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral do estado da narrativa galega actual. Como escribe Rexina Vega no limiar que dá entrada á obra, os textos achegados polas autoras e autores amosan «a enorme diversidade e calidade …

Na antoloxía «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Le-tras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral do estado da narrativa galega actual. Como escribe Rexina Vega no limiar que dá entrada á obra, os textos achegados polas autoras e autores amosan «a enorme diversidade e calidade que caracteriza hoxe a narrativa do noso país», trátase de propostas literarias que «transitan libres e porosas, dialogan coa alteridade conscientes da ambivalencia que subxace en toda definición identitaria sen, porén, perder o acento que as marca como o produto modelado por un complexo aquí, comunidade que comparte lingua ou, o que é o mesmo, casa e ferida». Pola súa parte, Antón Riveiro Coello destaca no epílogo «a infinidade de rexistros e estilísticas ensaiados, a pluralidade de voces, os enfoques narrativos, as preocupacións temáticas, as diferentes técnicas de fascinación de todo este magma creador que ten algo de forza sintetizadora, de respiración dun país pola boca dos referentes do actual panorama literario.»
Leer más

Más libros de del Caño, Xosé Manuel

Más información del libro

Miño

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-11-10310-7
EAN:
9788411103107
Nº páginas:
464
Colección:
NARRATIVA
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
23 mm
Ancho:
16 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Xosé Manuel del Caño naceu en Santa Eufemia (Celanova) o 17 de decembro de 1955. É redactor de «Faro de Vigo» na delegación de Ourense. Dirixiu a revista literaria «Follas Secas». Impulsou a recuperación da casa de Manuel Curros Enríquez e a creación da biblioteca de Graham Greene no mosteiro de Oseira. Fundador do premio «Celanova, casa dos poetas». Publicou os libros «O mal tempo» (1981), «Lembranzas dun home» (1983), «Once nudos I» (1984), «Once nudos II» (1985), «Areas» (1990), «Conversas con Manuel María» (Xerais 1990), «Cen galegos» (1993), «Guía de Ourense» (1996), «Literaria» (1997), «Historia Ilustrada de Ourense» (2001), «Salgroso / A Muller de Lot» (2002), «Ourense. Paisajes, ciudades y monumentos» (2004), «Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado» (2005). «Alfonso S. Palomares. La lucha por la libertad» (2005), «Conversas con Méndez Ferrín. Historia, literatura, nación» (Xerais 2005) e «O misterio de Carlos G. Reigosa. Conversas» (Xerais 2007). Dende a Asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Letras, coordinou as edicións das antoloxías de relato galego actual tituladas «Fisterra» (2022) e «Miño» (Xerais, 2023).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar