A CORUÑA DE PEDRO FERRER
A CORUÑA DE PEDRO FERRER
Autor: Díaz Martínez, Carlos
Sección: FOTOGRAFÍA - Fotógrafos y Albumes de Fotografía
A CORUÑA DE PEDRO FERRER

36,50€ IVA INCLUIDO
- Editorial:
- XERAIS - ANAYA
- Publicación:
- 15/11/2005
- Colección:
- GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
- Ver ficha completa
NO DISPONIBLE
Sinopsis
Pedro Ferrer (A Coruña, 1870-1939) foi o máis importante fotógrafo da cidade da Coruña durante o primeiro terzo do século vinte. Propietario da coñecida " Papelería Ferrer " , foi, ademais de fotógrafo e gravador, fundador da industria discográfica en Galicia producindo os primeiros discos de música galega. Dende 1900 a 1930 percorreu toda Galicia coas súas cámaras de gran …
Pedro Ferrer (A Coruña, 1870-1939) foi o máis importante fotógrafo da cidade da Coruña durante o primeiro terzo do século vinte. Propietario da coñecida " Papelería Ferrer " , foi, ademais de fotógrafo e gravador, fundador da industria discográfica en Galicia producindo os primeiros discos de música galega. Dende 1900 a 1930 percorreu toda Galicia coas súas cámaras de gran focal e placas de cristal, realizando máis de catro mil pezas fotográficas, que constitúen hoxe un dos máis importantes legados do noso patrimonio paisaxístico e cultural, alén da súa importancia etnográfica pola súa preocupación por presentar ás xentes en todas as situacións da súa vida. Unha parte significativa desta obra foi reco-llida en Portfolio de Galicia, fascículos publicados entre 1902 e 1904, que pretendían divulgar o nos patri-monio cultural, histórico e monumental.
O documentalista Carlos Díaz Martínez recompila, por vez primeira, neste volume máis de dous centenares de fotografías da cidade da Coruña e das vilas dos seus arredores (Betanzos, Sada, Cambre, Oleiros, Arteixo, Culleredo) agrupadas en catro grandes apartados temáticos: " Patrimonio histórico e monumental " ; " Novo urbanismo e os traballos " ; " Festas e xentes " e " Patrimonio e xentes " .
Un libro de edición moi coidada e grande formato, de encadernación acartonda, que constitúe unha viaxe no tempo pola Coruña de sempre: dende as vistas da península da Torre ata a Colexiata de Santa María, do Xardín de San Carlos ata o Castelo de San Antón, da rúa de San Andrés ata o Cantón Gran-de, do Parrote á Dársena... Un libro que tamén recolle as faenas e actividades das xentes: as lavandeiras no río Monelos, os paseos polos xardíns de Riazor, os desfiles de carrozas nos Cantóns, as festas de Carnaval, a festa da Árbore e outros tantos eventos cívicos. En definitiva, unha contribución importan-te para vivificar a memoria gráfica da cidade herculina.
Leer más
Más información del libro
A CORUÑA DE PEDRO FERRER
- Editorial:
- XERAIS - ANAYA
- Fecha Publicación:
- 15/11/2005
- Formato:
- Normal tapa dura (libros)
- ISBN:
978-84-9782-372-2
- EAN:
9788497823722
- Nº páginas:
- 240
- Colección:
- GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
- Lengua:
- GALLEGO
- Alto:
- 280 mm
- Ancho:
- 250 mm
- Sección:
- FOTOGRAFÍA
- Sub-Sección:
- Fotógrafos y Albumes de Fotografía
Díaz Martínez, Carlos
Carlos Díaz Martínez (A Coruña, 1951), emigrante en Suiza (1962-1987) onde cursou estudios do Bacharelato francés (mención lingua e literatura) e de socioloxía na Universidade de Xenevra coa Diplomatura en Animación Socio-cultural. Nos anos de emigración colaboura en múltiples actividades culturais e políticas galegas: asociacións, partidos, revistas, radio, edición... Dende o seu retorno a Galicia (1988) participa en numerosas iniciativas no eido da edición (A Nosa Terra, Espiral Maior, Artesa, Xerais) , sempre dende a preocupación pola recuperación e difusión do patrimonio gráfico e documental galego. Autor de colaboracións diversas no eido do xornalismo en revistas e xornais de Galicia e de coordinación de publicacións do noso patrimonio fotográfico (A Opinión de A Coruña). En colaboración con outros autores ten publicado " Xesús Ferro Couselo " , " Fouce: Etapa da Clandestinidade " e " A semente do 72, a forza da nosa clase " . Colaborador na organización de diversas exposicións históricas ou artísticas e comisario de: " Galicia fora de Galicia " , " Culturas no Camiño Xacobeo " , " Masonería Universal. Familia Galega " , " Manuel Facal. 25 anos de obra gráfica " . Como diseñador-editor de arte gráfica coordina produccións Culturais Artesa e a publicación de carpetas de obra gráfica de autores e artistas galegos dende o ano 1992 coa proposta actual dun catálogo de 10 libros de bibliofilia de arte. Dende 1995 colaboura con Edicións Xerais de Galicia das coleccións de libros " A memoria de... " e na proposta de diversas publicacións e actividades da editorial. O seu último libro e ``A Coruña por Pedro Ferrer´´ (Xerais 2005).Otros libros en FOTOGRAFÍA
-
DISPONIBLE
Recogida en librería GRATIS
Envío a domicilio
TODO LO QUE NECESITAS SABER PARA TOMAR FOTOGRAFÍAS PERFECTAS
FREEMAN, MICHAEL18,00€ IVA INCLUIDO
-
DISPONIBLE
Recogida en librería GRATIS
Envío a domicilio
ESPAÑA OCULTA
GARCIA RODERO, CRISTINA59,00€ IVA INCLUIDO
-
NO DISPONIBLE
CLOT, EL -CAMP DE LARPA COMERÇOS
TALLER DHISTORIA DEL CLOT-CAMP DE LARPA23,00€ IVA INCLUIDO
-
NO DISPONIBLE
SANT VICENÇ DELS HORTS DESAPAREGUT
CENTRE DESTUDIS LOCALS SANT VICENÇ DELS HORTS23,00€ IVA INCLUIDO