O armario novo de Rubén

O ARMARIO NOVO DE RUBÉN

Autor: DOCAMPO, XABIER P.

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - Libros ilustrados

O armario novo de Rubén

O armario novo de Rubén

8,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
04/11/2008
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
Ver ficha completa

ÚLTIMOS EJEMPLARES

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

" O armario novo de Rubén " A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu. " Dacabalo da vasoira " Crisanto estaba a varre-la cociña, cabalgando na vasoira, cando esta se eleva do chan e sae voando. Cando andaba por …

" O armario novo de Rubén " A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu. " Dacabalo da vasoira " Crisanto estaba a varre-la cociña, cabalgando na vasoira, cando esta se eleva do chan e sae voando. Cando andaba por riba das nubes, unha nena díxolle que para volver só tiña que ceiba-la man do rabo da vasoira. " Xogando ás agachadas " Cinco irmáns xogaban ás agachadas e a un deles ocorréuselle meterse dentro dunha botella. Para saír tiña que agardar a estar máis fraco. " Chegou un home moi grande " A Fordián chegou un home moi grande cun saco no lombo. Os nenos do lugar desecobren que leva no saco o azul do mar e o verde dos campos. O Brais, a quen todos trataban de parvo, foi o que recuperou o azul do mar e o verde do campo. " Bolsas, milleiros de bolsas " A señora Remedios vai gardando tódalas bolsas de plástico que lle dan nas tendas. Un día o vento entrou na casa e levoulle tódalas bolsas emporcallando a cidade; de noite, cando amainou o vento, a señora Remedios foi recollendo as bolsas que puido.
Leer más

Más libros de DOCAMPO, XABIER P.

Todos los libros de DOCAMPO, XABIER P.

Más información del libro

O armario novo de Rubén

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-899-4
EAN:
9788497828994
Nº páginas:
0
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
Lengua:
GALLEGO
Alto:
190 mm
Ancho:
135 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
Libros ilustrados
Xabier P. Docampo (Rábade, 1946). Mestre xubilado e escritor, ten publicada unha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: " O misterio das badaladas " (1986, Xerais 2011), novela; " Cun ollo aberto e outro sen cerrar " (1987), relatos; " A chave das noces " (1988, Xerais 2018), novela; " O país adormentado " (Xerais 1993, 2012), novela; " Cando petan na porta pola noite " (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); " O pazo baleiro " (1997, Xerais 2002), novela; " O home que inventou unha maneira de andar " (1998), novela; " Catro cartas " (2000), relatos; " Un conto de tres noites " (Xerais 2001), relatos; " A casa da luz " (Xerais 2002), novela; " O libro das viaxes imaxinarias " (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; " A illa de todas as illas " (Xerais 2013), novela, e " A nena do abrigo de astracán " (Xerais, 2017), novela. Para o público infantil publicou, entre outras obras: " O armario novo de Rubén " (Xerais 1989); " A nena de auga e o príncipe de lume " (Xerais 1990-2012); " A casa do porco bravo e Roxelio e a couza " (Xerais 1991); " Adelaida, Henrique e demais familia " (1996); " Nube de neve " (2000), " ¿Víchela, víchela? " (2001), " Os ollos de Ramón " (2001) e " A decisión de Valerio " (Xerais, 2005)

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar