O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

Autor: DOCAMPO, XABIER P.

Sección: CÓMICS E ILUSTRADOS - Libros Ilustrados

O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

15,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
01/10/2008
Colección:
VARIOS
Ver ficha completa

ÚLTIMOS EJEMPLARES

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados ou a identidade do seu autor. Cadernos nos que se recollen dous tipos de textos: descrición das cidades e reinos visitados e …

O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados ou a identidade do seu autor. Cadernos nos que se recollen dous tipos de textos: descrición das cidades e reinos visitados e apuntamentos e debuxos que tomou o Viaxeiro, xunto con algún textos reflexivos máis íntimos. " Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retornará á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato. " " Viaxar é ir ao encontro do que nos emociona na súa contemplación e diante do que abandonamos todo desexo de posesión, porque o gozo está en recibírmolo de xeito gratuíto. Así comeza este libro inusualmente fermoso de formato esvelto, que nos propón, coma fixera Calvino, unha viaxe por lugares imaxinarios, na que acompañaremos ao Viaxeiro percorrendo cidades, camiños, montañas e coñecendo as súas xentes. Cadernos de viaxe evocadores e poéticos que nos propoñen, tamén, unha viaxe ao interior de nós mesmos, que nos trasladan a mundos imaxinados reais e fantasiosos, uns relatos que nos invitan a gozar do pracer da lectura.
Leer más

Más libros de DOCAMPO, XABIER P.

Todos los libros de DOCAMPO, XABIER P.

Más información del libro

O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9782-916-8
EAN:
9788497829168
Nº páginas:
224
Colección:
VARIOS
Lengua:
GALLEGO
Alto:
29 mm
Ancho:
20 mm
Sección:
CÓMICS E ILUSTRADOS
Sub-Sección:
Libros Ilustrados
Xabier P. Docampo (Rábade, 1946). Mestre xubilado e escritor, ten publicada unha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: " O misterio das badaladas " (1986, Xerais 2011), novela; " Cun ollo aberto e outro sen cerrar " (1987), relatos; " A chave das noces " (1988, Xerais 2018), novela; " O país adormentado " (Xerais 1993, 2012), novela; " Cando petan na porta pola noite " (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); " O pazo baleiro " (1997, Xerais 2002), novela; " O home que inventou unha maneira de andar " (1998), novela; " Catro cartas " (2000), relatos; " Un conto de tres noites " (Xerais 2001), relatos; " A casa da luz " (Xerais 2002), novela; " O libro das viaxes imaxinarias " (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; " A illa de todas as illas " (Xerais 2013), novela, e " A nena do abrigo de astracán " (Xerais, 2017), novela. Para o público infantil publicou, entre outras obras: " O armario novo de Rubén " (Xerais 1989); " A nena de auga e o príncipe de lume " (Xerais 1990-2012); " A casa do porco bravo e Roxelio e a couza " (Xerais 1991); " Adelaida, Henrique e demais familia " (1996); " Nube de neve " (2000), " ¿Víchela, víchela? " (2001), " Os ollos de Ramón " (2001) e " A decisión de Valerio " (Xerais, 2005)

Otros libros en CÓMICS E ILUSTRADOS

También te pueden interesar