A raíña galega

A RAÍÑA GALEGA

Autor: Durán, Xosé

Sección: FILOLOGÍA - Lengua

A raíña galega

A raíña galega

12,30€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
08/10/2020
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Nacín hai xa moitos séculos. Son a lingua galega, filla dunha poderosa raíña e duns belicosos reis que moraban no noroeste da Península Ibérica. Fun admirada en Europa e cortexada por reis, nobres e bispos. Os trobadores tanxían os seus instrumentos cantándome nos pazos e castelos, mentres os xograres alegraban as festas comigo. Mesmo os poetas de Castela, Andalucía e …

Nacín hai xa moitos séculos. Son a lingua galega, filla dunha poderosa raíña e duns belicosos reis que moraban no noroeste da Península Ibérica. Fun admirada en Europa e cortexada por reis, nobres e bispos. Os trobadores tanxían os seus instrumentos cantándome nos pazos e castelos, mentres os xograres alegraban as festas comigo. Mesmo os poetas de Castela, Andalucía e a Provenza devecían por min. Cos Irmandiños fun derrubar castelos de nobres opresores e coas xentes do común escorrentei os franceses ao que ousaron pisar Galicia. Pero cando me deixaron de escribir, só o alento do pobo conseguiu manterme viva. Agardo contigo, que me les, recuperar os esplendorosos momentos de gloria e vivir orgullosa outras mil primaveras máis.
Leer más

Más información del libro

A raíña galega

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-729-9
EAN:
9788491217299
Nº páginas:
160
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Lengua
Xosé Durán (Cuntis, 1957) é licenciado en Química e en Xornalismo e traballou desde comezos dos anos oitenta en medios de comunicación falados e escritos como Radio Pontevedra, Radio Noroeste ou Faro de Vigo, na delegación de Pontevedra. En 1985 incorporouse á Televisión de Galicia, onde exerceu de redactor xefe de deportes, ademais de diversos programas e de novas canles e Internet. Nesa mesma casa dirixiu CienciaNosa, Vivir Aquí ou Vivir o Mar, ademais de diversos especiais informativos e deportivos, e documentais sobre autores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Son da súa autoría o libro de relatos de ficción científica O Asasino Invisible (1998), a biografía Roberto Blanco Torres. Xornalista e Poeta (1999), o ensaio A televisión, as novas tecnoloxías e a conduta dos nenos (2004) e mais a peza de teatro escolar A lección máis solidaria (2007). Foi autor do primeiro audiolibro galego situado nunha tenda virtual (iTunes), para descargas por ordenador, segundo Manuel Gago, do Consello da Cultura Galega.

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar