ROGELIO GROBA

MEDITACION EN BRANCO E NEGRO

Autor: FERNANDEZ, MANRIQUE (AUTOR/A)

Sección: MÚSICA (LIBROS) - MUSICA (LIBROS) GRAL

ROGELIO GROBA

ROGELIO GROBA

26,80€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
10/03/2000
Colección:
EDICIÓN LITERARIA. CRÓNICA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Rogelio Groba, meditacións en branco e negro é algo máis que un simple libro de memorias. Esta sinfónia autobiográfica en catro movementos é a historia viva da música clásica galega no último medio século, que é tanto como dicir o seu mellor capítulo, retratada por un dos seus principais protagonistas. Desde que Rogelio Groba naceu en 1930, o seu vencellamento …

Rogelio Groba, meditacións en branco e negro é algo máis que un simple libro de memorias. Esta sinfónia autobiográfica en catro movementos é a historia viva da música clásica galega no último medio século, que é tanto como dicir o seu mellor capítulo, retratada por un dos seus principais protagonistas. Desde que Rogelio Groba naceu en 1930, o seu vencellamento coa música foi unha constante. A enorme afección ás bandas populares supuxo para el un acicate nunha loita na que se viu só. Nesa soidade do corredor de fondo foi debullando setenta anos da súa vida, facendo os poucos moldes existentes, e dotando a música galega dun dos seus catálogos máis amplos, universais e universalistas. Porque o mestre Groba quixo abrir a música galega ó resto do mundo a través da súa particular interpretación e do seu traballo minucioso e fructífero, que se viu recompensado cunha morea de recoñecementos. O libro vai acompañado do CD audio Anacos que non é máis que unha sinxela mostra, unha escolma dalgunha obras escritas ó longo da súa vida polo Maestro Groba. Trátase simplemente de ofrecer unha sucinta visión do que se agocha tralos milleiros de páxinas de papel vexetal pautado que vén gardando ó longo de case medio século de traballo. Tratouse de recoller un abano amplo do seu traballo: musical coral, sinfónica, de cámara, para piano, para banda... Perseguíase, deste xeito, facer a un tempo un disco ameno e representativo do seu traballo.
Leer más

Más información del libro

ROGELIO GROBA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-8302-475-1
EAN:
9788483024751
Nº páginas:
328
Colección:
EDICIÓN LITERARIA. CRÓNICA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
MÚSICA (LIBROS)
Sub-Sección:
MUSICA (LIBROS) GRAL
Licenciado en xornalismo pola Complutense de Madrid, ten traballado en diversos medios de comunicación. En 1995 resultou vencedor no concurso organizado polo Concello de Ponteareas para elixir a letra dunha cantata sobre a festa do Corpus Christi, que sería composta por Rogelio Groba. Tras este primeiro contacto, o compositor encargoulle dar forma redaccional a unha morea de apuntes biográficos dos que nace este libro.

Otros libros en MÚSICA (LIBROS)