Vento e chuvia (Edición de campo)

MITOLOXÍA DA ANTIGA GALLAECIA

Autor: Gago, Manuel

Sección: HISTORIA - Mitología

Vento e chuvia (Edición de campo)

Vento e chuvia (Edición de campo)

13,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
10/09/2015
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - LIBROX
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias …

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia. Esta " edición de campo " incorpora novos contidos con respecto á anterior, e que se substancia nun prólogo adicional para esta edición e toda unha serie de notas acompañando cada un dos relatos, con interesantes propostas para profesores, pais e rapaces para explorar e viaxar polo territorio galego, gozando da arqueoloxía e podendo xogar coa interacción entre historia e ficción que se propón todo o tempo nas historias dos deuses. Ademais, inclúense os roteiros antes só dispoñibles na web oficial.
Leer más

Más libros de Gago, Manuel

Todos los libros de Gago, Manuel

Más información del libro

Vento e chuvia (Edición de campo)

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9914-903-5
EAN:
9788499149035
Nº páginas:
256
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - LIBROX
Lengua:
GALLEGO
Alto:
20 mm
Ancho:
13 mm
Sección:
HISTORIA
Sub-Sección:
Mitología
Manuel Gago Mariño (Palmeira, 1976) é vilego, da Pobra do Caramiñal. Xornalista e divulgador, dirixe o portal culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega e é profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Edita o blog Capítulo Cero desde 2003 e desenvolve numerosas iniciativas de difusión arqueolóxica e cultural por todo o país. Entre as súas últimas publicacións atópanse " Herdeiros pola forza. Poder patrimonio e sociedade en Galicia " , e as ficcións " Vento e Chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia " (Xerais, 2013), " O anxo negro " (Xerais, 2016) e " O exército de fume " (Xerais, 2018). Fotografía do autor: ©Sole Felloza

Otros libros en HISTORIA

También te pueden interesar