A NOITE DAS BICICLETAS

A NOITE DAS BICICLETAS

Autor: González Costa, Teresa

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 6 años

A NOITE DAS BICICLETAS

A NOITE DAS BICICLETAS

12,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
12/04/2018
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Ver ficha completa

ÚLTIMOS EJEMPLARES

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

Raymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro dunha familia de saltimbanquis, a súa ilusión era participar nunha gran carreira ciclista, razón pola que era capaz de pedalear todo o día sobre " Vancouver " , a súa bicicleta azul e vermella. Cando chegou á nova vila amigou axiña con Elías Brimarán, …

Raymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro dunha familia de saltimbanquis, a súa ilusión era participar nunha gran carreira ciclista, razón pola que era capaz de pedalear todo o día sobre " Vancouver " , a súa bicicleta azul e vermella. Cando chegou á nova vila amigou axiña con Elías Brimarán, que traballaba no estaleiro familiar e a quen todos os deportes ao aire libre lle encantaban. Xaora, os dous amigos quedarán abraiados ao veren como Valentina aprendera tan rápido a andar e facer acrobacias sobre a súa " Celífera " , progresando sobre a bicicleta a unha velocidade que ninguén imaxinara nunca. Precuela de " A filla do ladrón de bicicletas " , Premio Merlín de Literatura Infantil 2010, esta novela consolida un mundo asombroso de fantasía, cheo de humor e tenrura.
Leer más

Más libros de González Costa, Teresa

Más información del libro

A NOITE DAS BICICLETAS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-369-7
EAN:
9788491213697
Nº páginas:
224
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Lengua:
GALLEGO
Alto:
190 mm
Ancho:
135 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 6 años
Teresa González Costa (O Grove, 1975) é licenciada en Filoloxía inglesa e italiana, con estudos de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Realizou en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia, como actriz en diversas compañías, talleres de teatro, danza e voz. Como docente, impartiu cursos de teatro en centros de ensino, creando varias obras. Viviu dous anos e medio en Xenebra, onde realizou guións para un programa radiofónico, na sección de teatro, e asistiu a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Nesa cidade participou nunha produción da Comédie de Genève, logo dun taller anual. É autora de pezas de teatro publicadas nas editoriais Fervenza e Laiovento. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acadou en 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con ?Sempre quixen bailar un tango? (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de literatura dramática infantil con ?Pingueiras e tarteiras? (Xerais 2009). Como narradora infantil e xuvenil publicou as novelas: ?A filla do ladrón de bicicletas? (Xerais 2010), Premio Merlín de Literatura Infantil 2010 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012 (Categoría 5º e 6º Primaria); ?Eu, pel? (Xerais 2012); ?Fred Quincalla, o nómade do mar? (Xerais, 2017) e ?A noite das bicicletas? (Xerais 2018). ?Os santos nunca dormen? (Xerais 2014) foi a súa primeira novela na colección Xerais Narrativa.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar